Escoita a entrevista de Radio Galega a Xavier Vence

Escoita a entrevista clicando na imaxe

O portavoz nacional do BNG foi entrevistado por Radio Galega. Unha entrevista na que se abordaron temas de actualidade e cuestións relativas ao nacionalismo galego.

Vence explicou a aposta do BNG pola soberanía nun contexto de grave crise que nos impiden ter capacidade de decisión sobre temas como a pesca, o agro ou o sector naval. Criticou a reforma da Administración local que prepara o Goberno de Rajoy.

Unha das cuestións comentadas foi a do modelo de estado, criticando o portavoz nacionalista a recentralización que está a practicar o PP.

Falou Vence da situación do nacionalismo galego, salientando a "aposta por unir forzas do nacionalismo galego. Queremos sumar todas as forzas políticas posíbeis". Aludiuse ás eleccións europeas do ano vindeiro, afirmando Xavier Vence a "necesidade de facer unha grande candidatura nacionalista".

Anunciou que haberá "encontros con varias forzas políticas nas vindeiras semanas". Sinalou que "podemos chegar a acordos puntuais con forzas políticas non nacionalistas" pero "pensamos que a sociedade debe votar proxectos políticos coherentes".

A preguntas do xornalista, tamén comentou as declaracións do Presidente da RAG sobre o BNG.

Finalmente, outro dos temas abordados foi a reforma electoral que propón Feijoó.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG