O representante do BNG, Néstor Rego, recibiu ao comité de ALCOA no Congreso dos Deputados onde lles trasladou o firme compromiso e apoio con buscar unha solución como se leva demostrando todo este tempo.
O deputado trasladoulle a situación na que se atopan as negociacións co Partido Socialista referente o Estatuto das Electrointensivas, pois é unha das cuestións clave que forma parte da Axenda Galega do BNG ante o Goberno do Estado.
Para o Bloque Nacionalista Galego é urxente poñer en marcha a mesa de ALCOA comprometida pola ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera, na súa visita á factoría de San Cibrao. Néstor Rego cualifica de “emerxencia nacional” o peso desta industria no noso país que debe atopar unha solución de inmediato.