Unha delegación da Executiva Nacional reúnese con militantes e simpatizantes do Baixo Miño

A nova Executiva Nacional ten o firme compromiso de reunirse con militantes e simpatizantes do BNG en todas as comarcas de Galiza.

Neste sentido, unha delegación da Executiva Nacional, composta polo portavoz nacional, Xavier Vence, xunto co secretario de organización, Bieito Lobeira, e a secretaria de políticas sectoriais e coordinación das comisións nacionais, Saleta Chao, asistiron no día de onte, á asemblea aberta no Baixo Miño na que deron conta das reunión coas outras forzas nacionalistas, así como das campañas que o BNG está a desenvolver por todo país, como a campaña “Non é unha crise é un roubo” ou a conformación dunha plataforma cidadá a prol da soberanía e contra a crise económica.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG