Debate Política Xeral:"Unha historia de ficción imposíbel de crer para quen vive na realidade"

DSC_0744A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, cualificou o discurso do Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, no marco do Debate de Política Xeral de “historia de ficción imposíbel de crer para aqueles que viven na realidade”.

A deputada do BNG afirmou que Rajoy “fixo un exercicio de propaganda sen escatimar titulares de prensa” e criticou que se limitase a anunciar dúas reformas, a fiscal e a relativa á potenciación do financiamento das empresas e do emprego, sen concretalas nen explicar en que van consistir.

Un discurso alonxado da realidade

Ademáis, salientou o feito de que o Presidente do Executivo indicase que ambas leis serían presentadas ante o Consello Europeo para que “a UE lle dea o visto bón e prace, o que indica que o estado español está intervido e que non ten soberanía para decidir de xeito propio”.

Reprochou a Rajoy que empregase dados do paro do pasado mes de decembro en lugar de utilizar os de xaneiro que son piores, sen esquecer, puntualizou, que “obviou ás miles de persoas que están a emigrar e aos inmigrantes que están voltando aos seus países”.

En canto á cuestión soberanista, Davila censurou o “canto patrótico de Rajoy á inmovildade da Constitución. Desde o BNG que aspiramos a que se recoñeza a nosa realidade nacional, Rajoy limitouse a negar a realidade das nacións que compoñen o estado, e negou os dereitos de cataláns e catalanas a expresárense libremente nas urnas sobre o futuro do seu pais”.

Rematou a portavo do BNG afirmando que o discurso de Rajoy “non aportou nada novo, e só visualizou a recuperación dos ricos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG