Davila solicita a comparecencia de Montoro polo escándalo da demisións e ceses na Axencia Tributaria

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para que acuda á Cámara a informar do que está a pasar na Axencia Tributaria "con tanta demisión e destitución"

Davila alude ás demisións que se produciron desde antes do verán, algunhas presuntamente relacionadas coa multinacional cementeira Cemex, e menciona a recene demisión do Director de Inspección da Axencia Tributaria, "até coñecer hai uns días a destitución do delegado da Axencia Tributaria na Galiza".

Considera Davila que "algo está a pasar na Axencia Tributaria que Montoro debe aclarar con total transparencia. Debe contar a verdade e deixar dicernos que obedecen a remodelacións. O seu deber é informar porque calquera observador decatarase que algo pasa".

A deputada do BNG considera "un escándalo a situación na Axencia Tributaria e as declaracións que está efectuando o Ministro Montoro, das que debe dar conta en sede parlamentar".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG