Davila presenta unha proposición para rebaixar o IVE do 21% ao sector comercial das perruquerías

DSC_0626A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou no rexistro da Cámara unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar para demandarlle ao Ministro de Facenda que rebaixe o IVE do 21% que actualmente se aplica ao sector comercial das perruquerías.

A deputada do BNG xa presentara iniciativas no ano 2012 cando o Executivo de Rajoy aprobara o Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo, que subiu o Imposto do Valor Engadido a diversas actividades como é o caso das perruquerías. Así, pasaron dun IVE do 8% a nada máis e nada menos que un IVE do 21%.

Davila pón de manifesto que este gremio xenera unha importante actividade económica, postos de traballo e un grande dinamismo, pero “lastra as consecuencias dunha profunda crise económica e as consecuencias de medidas anti sociais como é o incremento do IVE nun 13%”.

Consecuencias: peche de estabelecementos

No seu momento, puntualiza Davila, o BNG xa advertiu que esta medida provocaría o peche de moitos estabelecementos, a perda de traballos e a contención do consumo. “Os efectos perniciosos están aí, o que levou a moitos afectados e afectadas a manifestar o seu malestar en varias cidades de Galiza como A Coruña, Vigo, Ourense.

Protestas que remataron en moitos casos coa entrega de sinaturas nas delegacións da Axencia Tributaria contra o IVE do 21%. A deputada do BNG sinala que “como era de prever, aumentou exponencialmente a economía sumerxida. Aqueles que aplican o IVE do 21% acaban tendo graves problemas económicos, mentras medran negocios ilegais de ámbito doméstico”.

Por tanto, puntualiza, “a pretendida recadación por IVE está en entredito, xa que por un lado pechan estabelecementos e por outro medra a economía sumerxida”. Subliña os dados de peche que ofrece o sector: o ano pasado pecharon 8.000 salóns no conxunto do estado, e as previsións indican que este ano poderían desaparecer uns 5.600 negocios”.

Ademáis, advirte da intención recollida na reforma fiscal do Comité de Expertos de aumentar o IVE até un 23%, e demanda a Montoro que non se apliquen novas subas deste imposto que é universal, paga todo o mundo independentemente dos seus ingreso.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG