Davila pide que haxa dotación suficiente nas comisarías para atender os casos de violencia de xénero

congresoBNG14A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na que insta ao Goberno a dotar de suficiente personal especializado ás comisarías de policía e postos da Garda Civil para unha adecuada atención ás mulleres en situación de violencia de xénero.

Davila critica os recortes e a redución de medios neste tema, e sinala que “ao BNG lle preocupan as importantes deficiencias en moitas comisarías de policía e postos da Garda Civil para a atención aos casos de violencia de xénero”. Pón de manifesto que as Unidades Especializadas non teñen case personal ou son inexistentes. Ademáis da “nula formación especializada de axentes, o que provoca situacións moi desagradábeis ás mulleres”.

Neste sentido, alude ás denuncias feitas por organizacións e asociacións como a Asociación Unificada da Garda Civil que “sinalou que a maioría dos casos de violencia de xénero son atendidos por axentes que non están preparados nesta materia, e tan só o 5% dos casos están en máns de personal especializado”.

A falla de personal e de medios é preocupante porque se dan situacións nas que unha única persoa se ten que ocupar de atender até 100 casos de violencia de xénero e por riba, o seu posto non é sustituido en periodos vacacionais.

“É preciso un programa formativo para axentes policiais e gardas civís”

Olaia Fernández Davila critica que se estea a incumprir a Lei Integral de Violencia de Xénero, e lembra que Memorias Anuais do Ministerio de Interior como a do 2011, que recollen as queixas e reclamacións de cidadáns polas actuacións policiais, contemplan queixas de mulleres por non ter recibido un trato axeitado”. Entre os motivos, estas mulleres chegaban a sinalar que so axentes non cumpriran os protocolos, que as disuadiran de non presentar as denuncias, que non deran credibilidade ás testemuñas ou que non completaran as xestións para a súa proteción.

Por iso, recalca Davila, “é tan importante a formación e implantar un programa formativo dirixido aos axentes policiais e gardas civís destinados a atender este tipo de casos”.

Na pregunta parlamentar a deputada do BNG inquire ao Goberno sobres estas cuestións, pide un aumento dos recursos destinados a loitar contra este grave problema e pregunta cantas Unidades Especializadas existen nas comisarías de policía e postos da Garda Civil na Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG