Davila pide a Fátima Báñez que flexibilice os criterios exixidos para que os autónomos cobren o paro

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara na que insta ao Ministerio presidido por Fátima Báñez a flexibilizar os ríxidos criterios exixidos aos traballadore autónomos para poder percibir a prestación por desemprego cando teñan cotizado por elo.

Ademáis, demanda ao Goberno que modifique a lexislación nesta materia a fin de adaptala ás circunstancias e aos problemas reais dos profesionais autónomos.

Nun terceiro punto da súa proposición non de lei, Davila empraza ao Goberno a aprobar medidas que alivien a difícil situación pola que atravesan os autónomos, “dando marcha atrás en medidas contraproducentes como a subas das cotizacións á Seguridade Social para autónomos con máis de dez traballadores, aprobando medidas que faciliten o crédito ou medidas fiscais”.

A Seguridade Social denegou case o 80% das solicitudes

Davila pón de manifesto que desde novembro de 2011, os traballadores autónomos teñen dereito a cobrar o paro sempre e cando teñan cotizado por este concepto. “Máis, lamentou, as estatísticas indican que a Seguridade Social só aprobou dous de cada dez solicitudes. Nos dez primeiros meses de 2013, 5.531 traballadores por conta propia solicitaron o cobro da prestación por desemprego. Pero a Seguridade Social rexeitou 3.583 peticións, admitindo só 1.173”.

No caso concreto de Galia, puntualiza, nos últimos anos só cobraron o desemprego 77 autónomos, o 80% das solicitudes foron rexeitadas. Unhas denegacións que provocaron un grande malestar entre os colectivos e asociacións de autónomos.

Davila pón de manifesto que os autónomos afectados explican que as mutuas rexeitan a petición de prestación do paro alegando a rixidez das normas estabelecidas. A deputada do BNG sinala que requisitos como demostrar dous trimestres seguidos de perdas nos seus negocios, do 30% nun ano ou do 20% en dous anos consecutivos e completos “non se axusta á realidade deste colectivo”.

Davila afirma que a realidade amosa que a maioría dos autónomos con problemas económicos se ven obrigados a pechar antes do tempo estipulado. E a gran maioría pecha por cese de actividade e sempre se debe a causas económicas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG