Davila pide a comparecencia de Gallardón para que retire o plan de supresión de partidos xudiciais

DSC_0666A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, para que explique o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, e para demandarlle que o retire.

A deputada do BNG amosa o total rexeitamento do BNG a unha proposta de reforma da xustiza que provocou unha grande alarma social e as críticas de xuices, avogados, profesionais do ámbito da xustiza, organizacións políticas e sociais por un modelo que suporía a eliminación de todos os partidos xuduciais.

Lembra que cando “tivemos coñecemento do contido do Informe da Comisión de Expertos, presentamos varias iniciativas parlamentares, unha delas unha proposición non de lei que foi debatida o pasado 17 de decembro. Naquela sesión esta deputada consensuou un acordo co grupo popular para que o Goberno teña en conta as especificidades xeográficas, sociais e económicas propias das diferentes CC.AA, “de xeito que organice unha estrutura xudicial flexíbel, moderna e especializada, en coordenación coas CC.AA con competencias transferidas, a sá de goberno dos Tribunais Superiores de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial”.

Mais, lamenta Davila, o Consello de Ministros do 4 de abril abordou o Informe sobre o Anteproxecto que “non só mantén a proposta de eliminación de partidos xudiciais senón que empiora o mapa xudicial”. A deputada do BNG recolle as afirmacións realizadas polo propio Ministro de Xustiza quen dixo que a sede oficial de cada un deles estará na capital de provincia.

Galiza non se pode permitir perder tantos partidos xudiciais, sobre todo en cidades importantes como Vigo, Ferrol ou Santiago

“Traducido a Galiza, implicará a supresión dos 45 partidos xudiciais. A eliminación das cabeceiras xudiciais de Ferrol, Santiago e Vigo, cando a cidade viguesa conta coa maior poboación de Galiza. É ademáis a urbe que instrúe máis causas e posee a máxima taxa de litixiosidade de Galiza” , afirma. Nese sentido, pón sobre a mesa os dados do Consello Xeral do Poder Xudicial que indican que ten 296,4 casos por cada mil habitantes.

Davila sinala que “desde o punto de vista do BNG estas proposta é inasumíbel, reforza unha estrutura provincial e centralista e obvia as particularidades territoriais, sociais e demográficas. Por riba, para Galiza é doblemente lesiva polo alto grao de dispersión poboacional existente”. Critica que a reforma significará alonxar a xustiza da cidadanía.

A deputada do BNG dirixe unha batería de preguntas a Gallardón, pedíndolle que retire a proposta e poña o contador a cero porque “unha reforma de tal calado debería partir do máximo consenso e realizarse tendo en conta a todas as institucións, axentes e entidades implicados”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG