Davila insta ao Goberno a aprobar o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou no Congreso unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar para demandar ao Goberno que aprobe nun Consello de Ministros a petición de indulto solicitada polos dous sindicalistas, Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, condenados a tres anos de prisión por actuar de piquetes informativos nunha folga do ano 2008.

Davila lembra que os dous sindicalistas da CIG e de UXT foron condenado a tres anos de cárcere pola súa actuación como piquetes informativos nunha folga convocada no ano 2008 con motivo da negociación do Convenio Provincial de Traballadores de Mercadoría na provincia de Pontevedra.

A sentenza dictada en maio de 2011 polo Xulgado do Penal nº1 de Vigo, condenouno a tres anos de prisión por un delito do artigo 315.3 do Código Penal. Unha sentenza que foi recorrida pero que foi ratificada dous anos máis tarde pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Traballadores que defenderon os seus dereitos laborias

A deputada do BNG critica o que “desde todos os ámbitos se considera unha condena desproporcionada e inxusta. Eles exerceron un dereito fundamental dos traballadores recollido tanto na Constitución como no Estatuto dos Traballadores”.

Olaia Fernández Davila pón de manifesto que a defensa dos dous sindicalistas solicitou ao Goberno central que aprobe o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas. Davila salienta que esta solicitude conta co apoio de todas as organizacións sindicais, e coa sinatura de miles de cidadáns que consideran que se trata dunha condena excesiva”.

A parlamentar nacionalista dílle ao Goberno que “ao longo da presente lexislatura o Consello de Ministros concedeu o indulto a persoas condenadas por delitos que incluso atentaron contra a seguridade e a vida das persoas, delitos de corrupción e doutro tipo, que a xuizo do BNG, teñen un carácter bastante máis grave que o caso que nos ocupa”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG