Davila demanda a Montoro un mecanismo áxil para o reintegro do "céntimo sanitario"

FOTOS PROPO AUTODETERMINACIÓN 011A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara na que insta a Montoro a artellar un procedemento áxil e efectivo para o reintegro das cantidades abonadas pola aplicación do denominado “céntimo sanitario”.

Ademáis, a deputada do BNG plantexa a anulación do recargo no Imposto Especial de Hidrocarburos aprobado polo Goberno para substituir o coñecido como “céntimo sanitario” e que as CC.AA como a galega están a aplicar desde xaneiro de 2014.

Davila alude á sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que declarou o “céntimo sanitario” como contrario ao dereito da UE. Un imposto que estivo en vigor até xaneiro de 2013, data na que o Executivo de Rajoy integrou o novo recargo sobre hidrocarburos. “O obxectivo do Goberno era unicamente o de cumprir coa lexislación comunitaria pero continúa coa teima de aplicar un imposto indirecto que paga todo o mundo, independentemente dos seus ingresos”.

Os impostos indirectos son inxustos

“É de certo que a sentenza da UE pode dar lugar a numerosas demandas de organizacións de consumidores, profesionais e particulares que resultaron perxudicados pola aplicación desta taxa. No caso concreto de Galiza, o recargo oscilou entre 2,4 céntimos para a gasolina e 1,2 para o gasóleo”.

Davila sinala que “desde o noso punto de vista, o actual recargo autonómico sobre o Imposto Especial sobre Hidrocarburos, que na Galiza se aplica desde xaneiro, tamén debería ser sometido a revisión e anularse”. Critica que o Goberno do PP insista na fiscalidade indirecta porque “non é o camiño axeitado, e menos no actual contexto de seis millóns de parados e en rebaixas de salarios”.

Para a deputada do BNG “a declaración de ilegalidade do céntimo sanitario por parte do Tribunal da UE, obriga ao reintegro das cantidades que abonaron os contribuíntes. Por iso demandamos do Ministerio de Facenda que artelle un mecanismo áxil e efectivo para que se devolvan as cantidades tributadas”.

Afirma Davila que as devolucións deben ter en conta a todos os contribuíntes e se deberían estabelecer criterios obxectivos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG