BNG congratúlase da materialización e avance do Acordo de Investidura coa ampliación da partida para as novas bonificacións da AP-9

Carme da Silva e Néstor Rego
Carme da Silva e Néstor Rego
Co BNG, Galiza gaña!

O Consello de Ministros aproba hoxe, xoves 28 de novembro, o compromiso de gasto para financiar os novos descontos de até 75% elevando a partida a 81,6 millóns

Esta aprobación no Consello de Ministros e Ministras obedece ao paso previo para o cumprimento dun dos puntos do Acordo de Investidura conseguido polo BNG para as novas bonificacións da AP-9

Néstor Rego celebra o cumprimento do Acordo de Investidura e pon en valor o traballo realizado polo BNG: “os usuarios da Autoestrada están máis preto de conseguir novos descontos, este feito demostra que co BNG, Galiza gaña”

Carme da Silva avanza que o BNG seguirá a traballar “para e por Galiza” nas Cortes do Estado, defendendo sempre os intereses dos galegos e galegas

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG