Parlamento Europeo

BNG critica que Bruxelas reduza as cotas pesqueiras sen ter en conta a situación do sector en Galiza

Ana Miranda
Ana Miranda
Ana Miranda: “O Reino Unido sigue condicionando a política pesqueira mentres que Galiza queda por debaixo do que debería pescar”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, criticou o resultado das negociacións pesqueiras entre a Unión Europea e Reino Unido”, que por exemplo supón unha rebaixa do 20% no Gran Sol. “O Reino Unido sigue condicionando a política pesqueira mentres que Galiza queda por debaixo do que debería pescar”, subliña a eurodeputada galega.

“Novamente a frota de pesca de Vigo e A Mariña é afectada pola negociación da redución de cotas entre a Unión Europea e o Reino Unido”, explica Ana Miranda, quen salienta que “desde o BNG criticamos que se siga reducindo cada ano máis, sen ter en conta da situación na que xa está a pesca galega, despois de numerosas decisións de Bruxelas”.

Ademais, a eurodeputada do Bloque expresa o desacordo coas manifestacións realizadas polo ministro Planas nas que sinalaba que as negociacións van en boa dirección, “senón que nos parece que Galiza podería ter unha cota moito maior”, apunta ao respecto.

Neste sentido Ana Miranda salienta que desde a Comisión de Pesca da Eurocámara seguirá defendendo os intereses do sector pesqueiro galego, así como que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca, xa que un total de 120.000 persoas viven de forma directa ou indirecta do sector pesqueiro. “É fundamental que Bruxelas teña en conta as demandas e necesidades do sector pesqueiro galego, que está atravesando unha situación moi difícil”, destaca.

Revisión do FEMPA

Por outro lado, para a eurodeputada galega é indispensable que a revisión do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) teña en conta o aspecto social da pesca e que o Estado teña en conta este criterio nas negociacións, xa que até agora a Comisión usou fundamentalmente criterios baseados na sustentabilidade medioambiental, pero sen ter en conta a social e a económica.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG