A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, avanzou que o BNG levará iniciativas ás institucións para que Lugo conte co cuarto Xulgado do Social. Para o BNG, a creación deste xulgado “non é unha necesidade, se non unha urxencia” xa que se acumulan retrasos nos proceso xudiciais moi por enriba dos ratios que ten establecidos o Consello Xeral do Poder Xudicial.
“As consecuencias da carencia deste xulgado van a pagalas as traballadoras e traballadores de Lugo” afirmou Rodil e apuntou que “os retrasos existentes supoñen de xeito real unha vulneración dos dereitos reais das traballadoras e traballadores que agardan por unha resolución xudicial”. A creación deste xulgado é “absolutamente” precisa para que se poidan defender, pola vía xudicial, os dereitos laborais das traballadores e traballadores de Lugo.
Fose rexeitado en dúas ocasións despois de que a Comisión Mixta lle reclamase ao goberno do estado español a creación deste xulgado. “As cifras son claras e están enriba da mesa” dixo Olalla Rodil que sinalou “quen van sufrir as consecuencias son as traballadoras e traballadores que agardan pola resolución de casos pendentes e se atopan, moitas delas, en situacións complicadas”.