O BNG propón o “modelo estonio” para o voto das persoas galegas embarcadas

Daniel Rodas en rolda de prensa

O deputado , Daniel Rodas tamén reclamou a revisión do actual modelo de sufraxio ao fin de garantir este dereito

Daniel Rodas en rolda de prensa

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas compareceu hoxe ante os medios de comunicación para presentar unha proposición non de lei destinada a reclamar do Goberno español medias urxentes que garantan a participación do voto dos mariñeiros galegos embarcados na flota de altura, grande altura e Mariña mercante.

Na súa intervención, o nacionalista explicou que varios países europeos puxeron en práctica diversos modelos que garanten o voto de mariñeiros embarcados e reclamou para Galiza, “o modelo estonio” que facilita a través de internet este dereito.

Neste sentido, lembrou que o uso do carné electrónico garante emitir o voto nos procesos electorais, a pesar de atoparse a centos de millas de Galiza e un gran número de traballadores galegos deben permanecer longas temporadas no mar. O BNG, recalcou leva presentado iniciativas nos Parlamentos galego e español destinadas a garantir o voto dos mariñeiros embarcados sen que o Partido popular amosara “unha mínima vontade” para facilitar este dereito.

Rodas abondou na necesidade de resolver esta cuestión porque a realidade constata “o incumprimento de promesas” e a exclusión dos galegos e galegas embarcados.

A actual regulación, dixo, resulta “insuficiente”, as persoas embarcadas non poden exercer o voto entre o período de convocatoria das elección e o día da votación ao non atracar o buque, baixo pavillón español, nalgún porto nesas datas.

O modelo estonio resolve, a través de internet, exercer o voto

O nacionalista explicou que o mecanismo sueco, coa colocación de mesas a bordo baixo a responsabilidade do capitán, revolve en grande medida o voto pero o BNG considera que o modelo estonio o garante e facilita. Este modelo, afirmou, permite que a través do carné de identidade electrónico os traballadores e traballadoras embarcados poidan votar.

“Os cidadáns galegos embarcados deben ter garantido este dereito” polo que reclamou a aplicación do modelo estonio para a flota galega de altura, Mariña Mercante e buques baixo pavillón español ou estranxeiro, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG