O BNG planta e pide a dimisión do titular de Política Lingüística polos despidos d@s CELGAS

Ana Pontón acusou á Secretaría Xeral de Política Lingüística de “terrorismo patronal” e persecución ao profesorado CELGA

O BNG abandona a Comisión de Educación

Os deputados do BNG, Ana Pontón e Cosme Pombo abandonaron hoxe a Comisión de Educación e Cultura na que estaba prevista a comparecencia, a petición propia, do secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García en protesta polos despedimentos dos profesores e profesoras dos cursos de ensino galego para adultos.

Ao inicio da comparecencia, a deputada do BNG anunciou que esta forza política se ausentaba da comisión como “mostra de apoio e solidariedade” co profesorado CELGA inxustamente despedido polo Secretario xeral de Política Lingüística, proceder que cualificou de “terrorismo patronal” e persecución intolerábel nun sistema democrático.

A nacionalista pediu a “dimisión” do Secretario xeral de Política Lingüística e esixiu a “readmisión inmediata” do profesorado despedido.

Ana Pontón e Cosme Pombo abandonan a Comisión

Antes de abandonar a sala, na que tiña lugar a comparecencia do titular de Política Lingüística para informar da das actividades de promoción e dinamización da lingua galega, os deputados colocaron nas cadeiras varios carteis cos lemas: Valentín dimisión e Readmisión dos despedidos CELGAS.

Tras a comparecencia de Valentín García, os deputados do BNG incorporáronse novamente a comisión ao fin de participar no resto dos debates incluídos na orde do día.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG