parlamento galego

BNG pide á Xunta que escoite a veciñanza de Fontiñas e xunto ao concello de Santiago valoren outra localización para construír o novo IMELGA

Iria Carreira
Iria Carreira

Iría Carreira lembra que o goberno municipal barallou como primeira opción, o parque Begoña Caamaño, unha das escasas zonas verdes públicas, decisión que  suscitou o rexeitamento dos veciños e obrigou a alcaldía a reformular a súa decisión 

A iniciativa do BNG foi rexeitada polo  Partido popular e PSdG

A través dunha proposición non de Lei, a deputada do BNG, Iría Carreira reclamou un novo emprazamento para o IMELGA, “fóra da zona residencial de Fontiñas”. Carreira pediu á Xunta e concello de Santiago que escoitaran as demandas da veciñanza para valorar outra localización para esta institución.

A proposición non de lei do BNG foi rexeitada polo votos do Partido popular y PSdG.

Na defensa da iniciativa, a deputada do BNG, lembrou que ao remate do ano 2020 foi anunciada a construción da nova sede para acoller a dirección da institución, ademais dun edificio con oficinas, consultas, arquivos,  salas de autopsias, cámaras frigoríficas mortuorias e acceso para os furgóns. 

Nun primeiro momento, foi elixido o parque Begoña Caamaño, unha das escasas zonas verdes públicas no barrio das Fontiñas pero o rexeitamento das habitantes do barrio obrigou á alcaldía de Santiago a reformular esta planificación.

O día 19 de abril, engadiu  a nacionalista,  a xunta de goberno local acorda ceder gratuitamente unha parcela situada nunha zona residencial do mesmo barrio das Fontiñas, cando en realidade existen outras parcelas municipais dispoñibles. A decisión foi tomada o día previo a unha asemblea na zona e tamén antes de que se celebrase o pleno ordinario no concello, no que sería debatida  a proposta. A xuízo da deputada,  o “goberno local rompeu as negociacións e deixou patente que esta decisión era tomaba sen atender á opinión da veciñanza e sen  acordo ou diálogo”.

O proceder do goberno local, dixo a nacionalista, vai en contra das necesidades sociais dun  barrio no que  reside aproximadamente o 10% da poboación do concello de Santiago, un barrio, recalcou con demandas sociocomunitarias entre as que destacou:  a construción dunha residencia pública e  un centro de día para prestar atención a toda a poboación de idade avanzada  e  ampliar o  centro sociocultural.

Resulta sorprendente o  empeño dogoberno local de Compostela para que a sede do IMELGA se constrúa precisamente nesta zona de Santiago. “Unha infraestrutura necesaria” pero que non debe colidir coas demandas da veciñanza de Fontiñas, reiterou a parlamentaria do BNG.

Por outro lado, restou importancia ao argumento de construír o IMELGA preto do xulgado, porque  o concello de Santiago conta con  parcelas a menos de 10 minutos en coche deste xulgado. Ademais, estase primando a proximidade a este xulgado  cando a delegación do IMELGA prestaría asistencia aos partidos xudiciais de Arzúa, A Estrada, Lalín, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Padrón, Ribeira e do propio Santiago de Compostela.

Iría carreira lamentou que  PP e Psoe votaran en contra dunha iniciativa  destinada a valorar outras opcións para a construción do novo IMELGA en Santiago.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG