O BNG pide que á Xunta asuma os servizos de meteoroloxía radicados en Galiza

Ana Pontón presenta unha Proposición de lei dirixida ao Goberno do Estado para reclamar a transferencia

Ana Pontón

Ana Pontón, deputada do BNG presentou hoxe, ante os medios de comunicación, a Proposición de Lei que reclama a transferencia á Xunta dos servizos meteorolóxicos radicados en Galiza.

Consideramos dende o BNG, dixo, que existen razóns fundamentadas para reclamar esta transferencia porque todo o que ten que ver coa meteoroloxía e as previsións teñen unha enorme relevancia para a sociedade en xeral e de maneira crucial para os sectores agrario, pesqueiro e turístico.

Galiza ten dereito a asumir a competencia nesta materia

En Galiza, temos capacidade de decisión suficiente para facernos cargo deste servizo, afirmou, e denunciou “o parón” do traspaso de competencias dende que goberna Núñez Feijóo, nos últimos catro anos “ningunha” así como o proceso de “centralización” xustificado para solucionar problemas cando, na súa opinión, “esta non é a vía”.

No ámbito galego existe dende hai máis dunha década un organismo, Meteogalicia, encargado de realizar estudos meteorolóxicos que a pesar da escaseza de recursos, ten acreditada a súa profesionalidade, precisión e fiabilidade de maneira superior “aos dos organismos estatais”. O clima galego rexistra particularidades e especificidades que de contar cun organismos propio redundaría de maneira positiva para avanzar na evolución dos fenómenos meteorolóxicos específicos de Galiza.DSC_0163

A deputada asegurou que a prestación do servizo meteorolóxico, “é máis eficaz con medios propios”, de aí que o BNG impulse esta iniciativa tendo ademais en conta os nulos resultados dos acordos parlamentarios nesta materia.

Finalmente a nacionalista reiterou a petición da transferencia do servizo de ámbito estatal en territorio galego, executar as competencias transferidas e concretar, no prazo de tres seis meses, o acordo da Comisión mixta de transferencias e o real decreto que o confirma.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG