O BNG pide a Política Lingüística que se comprometa co ensino de portugués e que cumpra a Lei Paz Andrade

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil denuncia a falta de compromiso da Xunta para ofertar prazas de docentes en portugués en Galiza que a promoción e difusión da cultura e lingua portuguesa  e pide  que desenvolva unha planificación con dotación orzamentaria

Trala comparecencia do secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, para informar do fomento dos lazos culturais e lingüísticos de Galiza co mundo da lusofonía, a deputada do BNG, Olalla Rodil denunciou  “a falta de compromiso da Xunta para ofertar prazas de docentes en portugués en Galiza que impide  a promoción e difusión da cultura e lingua portuguesa” e pediu desenvolver a Lei Paz Andrade acompañada dunha planificación estratéxica e dotada co orzamento necesario. 

A deputada explicou que aínda non foi remitido a Cámara galega “ningún informe ou relatorio” sobre o grao de desenvolvemento e cumprimento da Lei. Algo, ao que xa nos teñen acostumadas, dixo,  mais que non deixa de ser unha vulneración do artigo 5 da Lei e un “exemplo palmario do desleixo e desinterese da Xunta de Galiza cara o aproveitamento da lingua e cultura portuguesas”.

A actitude do PP na Xunta de Galiza, despois de 4 anos da entrada en vigor da Lei Paz Andrade, recalcou Rodil  “é inadmisible” polo que dende o BNG, reclamamos acompañar a  norma, “cunha avaliación anual que ela mesma contempla” e , con  dotación orzamentaria estable. Dixémolo hai un ano, remarcou a nacionalista  e volvemos  a repetilo agora. “Están a deixar a lei nunha mera declaración de intencións que non se materializa na súa aplicación real ”.

A deputada  denunciou as contraccións dos datos do secretario Xeral quen afirmou que as seccións en portugués pasaron de cinco a sete cando o propio Valentín García afirmou o ano pasado que existían 9 seccións.

Por outro lado, a deputada tamén criticou os datos sobre as prazas de formación no persoal público que reduciron en 35 no último ano ao sumou “un ínfimo incremento” no ensino primario, “dun só centro e a penas 8 centros en secundaria”.

AS ENTIDADES PROMOTORAS DA LEI AMOSAN O SEU MALESTAR

As entidades promotoras da ILP Paz Andrade    trouxeron ao Parlamento galego unha proposta de lei apoiada por máis de “17 mil galegas e galegos”. Posteriormente, as entidades promotoras da Iniciativa Lexislativa popular   expresaron, a través dunha carta ao presidente da Xunta, o seu malestar   “polo nulo desenvolvemento xurídico” da lei e polo incumprimento do compromiso adquirido durante as negociacións con elas, e tamén cos propios grupos parlamentares. “O nivel de aplicación é ínfimo e testemuñal” e nestes catro ano de aplicación non se dotou de orzamento nin dun Plan con proxección temporal e obxectivos, explicou Rodil.

Pero a  maior evidencia desta falta de compromiso  foi a non convocatoria de prazas de profesorado de portugués no ensino nin a oferta de cambios de especialidade para  dotar o ensino galego dun corpo específico. Desde o BNG, manifestou a nacionalista denunciamos esta situación  o pasado ano e volvemos denúncialo este ano como tamén fai a Comisión Promotora e a Asociación de docentes de Portugués de Galiza.

A parlamentaria lamentou que a aprendizaxe de portugués recaia “no voluntarismo”  “Nin sequera se ten desenvolvido unha campaña de promoción, de difusión da materia de portugués para aumentar a súa demanda”. concluíu

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG