O BNG pide a Medio Rural non sancionar aos produtor@s galegos por "sobreprodución"

Tereixa Paz asegurou que os produtores só tentan recuperarse da adversa situación que padeceron nos anteriores catro anos por prezos insuficientes e grandes gastos en alimentación do gando e subministro eléctrico

Tereixa Paz en Comisión

A directora xeral de Produción Agropecuaria anuncia a eliminación do requisito “carga gandeira” para acceder ás axudas compensatorias

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz explicou que iniciando a última campaña láctea e a precaria situación do sector leiteiro é preciso tomar precaucións para que non se produza unha sobreprodución pero estamos ante a liquidación do modelo de cotas lácteas e as explotacións galegas deben ter un trato que lles permita “competir no novo escenario”.

A nacionalista insistiu en que no inicio da “última campaña ” é preciso tomar medidas para non incorrer nunha “sobreprodución” pero de producirse, “non sería admisible” que as explotacións foran sancionadas a un ano da desaparición definitiva das cotas lácteas. En Galiza, afirmou, temos “un déficit histórico de cota” e resulta necesario incrementala ante o novo escenario europeo.

O sector lácteo, afectado gravemente polo mercado dos prezos

Non podemos, seguir “comprimindo aos produtores galegos” cando se albisca un marco máis competitivo ao que as explotacións galegas se enfrontan partindo dun “maior endebedamento, menos axudas e con custes máis altos polas políticas de terras”.

O ano que ven, haberá incrementos para produción rebaixando os prezos e a consellería de Medio Rural debe traballar para que o sector lácteo galego poida competir en “igualdade de condicións” polo que reiterou non seguir machucando ao sector con sancións no caso de sobreprodución.

Tereixa Paz insistiu en que ante a avaliación da penúltima campaña e a última continxentada, “hai que tomar precaucións” pero tamén tomar todas as cautelas ante un período de liquidación do modelo lácteo no que a U.E prevé “unha aterraxe suave”, aterraxe que a nacionalista pediu para as eventuais sancións.

A consellería anuncia a eliminación  do requisito de “carga gandeira” para facilitar as axudas

Pola súa parte, a directora xeral de Produción Agropecuaria afirmou que a consellería de Medio Rural seguirá traballando para superar as “desvantaxes estruturais” tanto no sector produtor como das organización intermedias, nivel cooperativo e industrias.

Ademais de anunciar cambios no PDR programa de Desenvolvemento, Rural  Patricia Ulloa confirmou  que as axudas para indemnizacións compensatorias, lastradas polo requisito da “carga gandeira”, será eliminado para acceder con maior facilidade ás axudas.

Sobre as sancións a produtor@s por sobreprodución asegurou que Medio Rural analiza “mes a mes” a evolución de prezos e entregas e reiterou a mensaxe de Rosa Quintana chamando a “prudencia” ante unha produción superior á anterior campaña. No suposto de non darse unha sobreprodución “a nivel de Estado”, dixo, Galiza non se verá afectada.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG