O BNG pide explicacións no Congreso polo anuncio de licitación de Ana Pastor en plena campaña

FOTOS AVALIACIÓN MONTORO 2013 001As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez, e Olaia Fernández Davila, presentaron hoxe en rexistro unha pregunta parlamentar dirixida ao Goberno pola vulneración da lei eleitoral na que incurriu a Ministra de Fomento onte nun acto en Santiago onde anunciou a licitación da ampliación da AP-9 en Rande e en Santiago.

Rosana Pérez critica que Ana Pastor “fixera uso da súa responsabilidade como Ministra para anunciar unha actuación cuxo proxecto foi presentado hai seis anos. “É un evidente exemplo de abuso de poder posto que se está a utilizar un contexto eleitoral para desvelar unha actuación que ben podería ter sido anunciada unha vez rematadas as elecións o 25 de maio”.

Unha clara vulneración da lei eleitoral

Para Rosana Pérez e Davila “resulta de todo grado inmoral e anti ético que responsábeis ministeriais aproveiten a súa condición e os seu cargo público para promocionar actuacións nun cenario de elecións. Son estratexias censuradas pola lei eleitoral xa que ao mesmo tempo que se promociona acción de goberno tamén se promociona a marca coa que se concorre ao proceso eleitoral. Precisamente para evitar este tipo de abusos é polo que nos dotamos dunha lexislación que se debería respectar escrupulosamente”.

As deputadas nacionalistas piden explicacións ao Goberno na súa iniciativa sobre este tema: “Como se xustifica semellante vulneración da lei eleitoral que prohibe expresamente facer anuncios de obras en campaña? Non se trata dun claro abuso de poder? Por que non respecta o Goberno a lexislación nesta materia?

Ademáis, Rosana Pérez e Davila descreben o anuncio da Ministra como un “acto de propaganda xa que nada se concretou, nin prazos, nin datos de inicio das obras, nin siquera o dado concreto da cando se van licitar as actuacións”. Razón pola que inquiren ao Ministerio sobre a data de licitación destas actuacións, cando se van iniciar as obras, cal que ser o investimento do Ministerio para a ampliación da AP-9 en Rande e en Santiago.

E critica que a concesionaria, AUDASA, avance un investimento de 230 millóns que logo vai recuperar através do incremento das peaxes. “Non é unha fraude que a concesionaria anuncie un investimento de 230 millóns para logo recuperar o investido através do aumento das peaxes? Non é unha bulra aos cidadáns que son os que ao final pagan o custe da execución da infraestrutura? Non debería ser libre de peaxes e gratuita? Non cre que é o método máis axeitado para os cidadáns que son os que pagan as infraestruturas cos seus impostos? Por que deben co-pagalos?”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG