Os grupos políticos presentaron hoxe no Congreso unha petición para as comparecencias do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Desta maneira, as formacións apúntanos como figuras responsábeis dos feitos ocorridos en Melilla que remataron, que se saiba, coa vida de 37 persoas até hoxe. Sinalan que a traxedia é unha “consecuencia das políticas migratorias da Unión Europea e o novo acordo entre o goberno do Estado español e o goberno marroquí”.
Con esta iniciativa, BNG, EH Bildu, CUP, Compromís, Más País Verdes-Equo, Junts e ERC oponse ás declaracións de Pedro Sánchez do pasado venres, onde o presidente pechaba filas coa actuación do exército de Marrocos.
Pedro Sánchez nin pide desculpas nin rectifica. Após “lamentar a perda de vidas humanas” voltou a agradecer “o labor da Xendarmería marroquina”, que consistiu en asasinar -ni mínimo- 37 persoas, 37 seres humanos que só procuraban unha vida mellor. Vergoñoso. https://t.co/GHq5nXjoQQ
— Néstor Rego (@NestorRego) June 27, 2022