O BNG pide a comparecencia do Secretario de Pesca no Congreso polo inxusto reparto da xarda

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, solicitaron a comparecencia urxente do Secretario Xeral de Pesca polos criterios que se están a empregar á hora de distribuir as cotas de xarda e xurelo no caladoiro do Cantábrico Noroeste.

Ademáis, as deputadas do BNG presentaron unha iniciativa parlamentar na que demandan a Cañete que cambie o borrador de proposta presentado porque prexudica significativamente á frota galega de cerco.

Rosana Pérez amosa a solidariedade do BNG co amarre emprendido por diversos cerqueiros da costa de A Coruña, de Vigo e da costa pontevedresa como acto de protesta ante o que consideran un reparto inxusto.

“As propostas realizadas pola Secretaría Xeral de Pesca para cada barco son moi negativas para o cerco galego, sobre todo no relativo á xarda. Os cerqueiros galegos critícana porque a consideran discriminatoria ao comprobar que barcos galegos de 24 metros de eslora e tripulacións de 12 persoas, dáselles un cupo de 35.000 quilos e a embarcacións doutros territorios do Cantábrico, e con barcos das mesmas dimensións se lles otorga unha cota de 120.000 quilos”, explica Rosana Pérez.

As deputadas do BNG advirten da intención do Ministerio de Agricultura de pechar o acordo a mediados de febreiro por iso urxen ao Secretario Xeral a comparecer na Cámara, para poder trasladarlle o malestar do cerco galego.

Duro golpe para as frotas de cerco da costa coruñesa, Vigo e Pontevedra

“De se aprobar a proposta tal e como está, suporá un duro golpe para a pervivencia de moitos barcos de cerco da costa coruñesa: A Coruña, Sada, Malpica, Camariñas, Pontedeume, Ares ou Cariño, da costa viguesa ou de Pontevedra como Portonovo, Cabados ou o mesmo Vigo”, salientan das parlamentares do BNG.

Rosana Pérez recolle o desacordo dos cerqueiros galgos cos criterios empregados para facer a distribución de cotas posto que está exclusivamente baseado en dereitos históricos candos serían máis equitativo unha distribución de forma lineal e o resto dacordo aos dereitos históricos e atendendo a factores de índole socioeconómica.

Por estas razóns dirixen unha batería de preguntas ao Ministerio Arias Cañete:

“Vai o Goberno a dialogar co sector do cerco galego para escoitar os seus plantexamentos e tratar de consensuar unha proposta máis equilibrada? Non cre que o reparto proposto por barco para a especie da xarda é moi desigual? A qué se deben esa diferenzas entre barcos galegos e os doutros territorios cando poseen as mesmas características?”, son algunhas das cuestións que formulan.

Piden as deputadas do BNG que o Ministro teña en conta a proposta do cerco de Galiza que propoñen que a metada das cotas se distribúan de maneira lineal e o resto en base a criterios históricos e factores de índole socioeconómica. E demandan que se consensúe a proposta.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG