O BNG pide cesar a docente dos cursos da CRTVG por incorrer en afirmacións sexistas

Teresa Baró

Carme Adán presenta unha Proposición non de lei sobre as afirmacións da docente que reafirman estereotipos de xénero contrarios á Lei de Igualdade e á Lei galega de prevención da violencia de xénero

Teresa Baró

A deputada  rexistra varias iniciativas no Parlamento galego para pedir o cese de Teresa Baró que participará como docente nos cursos de formación, ”Linguaxe non verbal para comunicadores” que a CRTVG ofrece a: locutores/as de radio e televisión, redactor@s e auxiliares de redacción”.

Nos cursos que se impartirán detéctanse “graves contido sexistas” no enfoque da docente quen, na súa páxina web chega a afirmar: “para triunfar na diversidade de roles que desempeña, a muller de hoxe ten que dominar moitos estilos de comunicación, dende o profesional ao sedutor, ou “a muller seduce máis coa dozura, mesmo a veces pola submisión..” “hai un contoneo ao camiñar que marca as cadeiras, zona da fertilidade e tamén para facer máis evidentes ás nádegas, moi atractivas para os homes...”

A deputada lembra que este tipo de afirmacións son contrarias á Lei de Igualdade e a Lei de prevención da violencia de xénero polo que solicita que o Goberno galego “tome medidas” e retire de “inmediato”, tanto a docente como os contidos sexistas dos cursos programados pola CRTVG

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG