BNG pide ao goberno galego que redobre os esforzos contra todas as formas de violencia machista, incluídas as do ámbito dixital

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil apela a non caer “na resignación e  indiferenza” e rexeitar os asasinatos machistas como pura estatística e noticia efémera en prensa

Dende o ano 1999 morreron asasinadas en Galiza, 74 mulleres por violencia machista

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil pediu á Xunta “redobrar os esforzos” contra a violencia machista e apelou a non caer “na resignación e indiferenza” asumindo os asasinatos machistas como “pura estatística”.

Acaban de asasinar a unha muller a 55 km deste Parlamento e non podemos facer como se non pasase nada. O home, explicou a deputada, tiña antecedentes por dous casos de violencia machista contra  outras dúas mulleres e moitas nos preguntamos como é posible que ande por aí alguén así  e como  imos  defendernos de homes con antecedentes que descoñecemos.

Un xornalista berlinés que cubriu a Gran Guerra afirmou que  “a morte dun home, unha persoa, é unha traxedia, a de milleiros unha estatística”. A pingueira de asasinatos machistas acaba facendo callo na sociedade e asistimos a frases continúas de “unha máis” ou “outra”. En realidade, dixo, non é unha máis, é “unha menos” e a penas causa sorpresa ou alarma social porque a resonancia da noticia cada vez é menor. O asasinato de Mónica aconteceu hai xusto unha semana e xa  nin se fala do asunto na prensa, esa é a realidade.

Non podemos permitir que o crime machista da Coruña sexa esquecido como outros tantos, e lembrou que aínda está en curso a investigación arredor do asasinato doutra muller no Barco de Valdeorras pero moito nos tememos, dixo, que polo seu  perfil, mígrante e en situación de prostitución, “nunca computará nas cifras oficiais”.

 En Galiza, dende o ano 1999  foron asasinadas 74 mulleres por violencia machista “todo o arco parlamentario galego menos un”, seis  equipos de fútbol, todos os xogadores no campo do Celta, do Depor, do Barca, do Real Madrid, o Atletic de Bilbao e o Sevilla, pero non podemos caer na “resignación e na indiferenza”, reiterou a nacionalista.

Dende o BNG reclamos información para que a cidadanía coñeza  cal  é a rede de servizos públicos que existe en Galiza para “apoiar, acompañar e asesorar ás mulleres en situación de violencia machista” e repetir unha vez máis que en Galiza  “non é necesario presentar unha denuncia para entrar no sistema”: que podes “recibir apoio psicolóxico, social, económico … sen necesidade de denunciar na policía ou nos xulgados tanto se sofres violencia directamente como por persoa interposta, é dicir, violencia vicaria”.

É violencia machista calquera forma de violencia exercida contra as mulleres polo simple feito de selo e  tanto ten se sexa provocada polo teu  teu compañeiro de traballo, un profesor, un amigo ou o teu  ex se tenta agredirte sexualmente. Todas estas formas de violencia, “incluídas as do ámbito dixital” exercidas contra as mulleres “son violencia machista”, repetiu Rodil.

Neste sentido, a nacionalista preguntou a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, si o goberno vai ampliar a rede de centros de información á muller, C.I.M e  puntos de encontro familiar,  PEF porque no mes de xullo o BNG xa propuxo esta ampliación.

Por outro lado considerou “ imprescindíbel” a coordinación de todos os servizos, administracións e institucións na loita contra a violencia machista e insistiu na necesidade de “mudar o enfoque  para que as administracións públicas asuman un papel máis proactivo”, na búsqueda de casos, e non só  de resposta cando ten coñecemento de algún.

Pedímoslle á Xunta que redobre esforzos para garantir os dereitos das mulleres,  velar polas nosas vidas e que non asumamos nunca con resignación que nos agredan, nos insulten, nos discriminen e nos maten. “Mónica non é unha máis é unha menos”, recalcou a nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG