parlamento galego

BNG insta á Xunta a defender a frota artesanal galega fronte o novo Regulamento de control da pesca da UE

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez reitera que a frota artesanal debe quedar excluída na modificación do Regulamento de control  de pesca

A deputada do  BNG, Rosana Pérez defenderá mañá unha proposición non de  lei, na comisión de pesca que dará comezo no Parlamento galego ás 10:30, co fin de instar ao goberno do Estado a defender a pesca artesanal galega ante a tramitación “aínda pendente” do novo Regulamento de control da pesca aprobado recentemente pola UE.

Entre as medidas, a nacionalista pedirá rexeitar a inclusión de cámaras a bordo, imposición da xeolocalización e a obriga do diario electrónico de pesa.

Ademais, considera que debe ser modificada a definición de frota artesanal en consonancia aos criterios formulados polo sector e excluír esta frota dos sistemas de TACs e cotas.

Por outra banda, reclamará negociar   unha maior dotación dos fondos europeos, nomeadamente do FEMPA, para atender a eventual obrigatoriedade dos mecanismos de control recollidos agora no Regulamento sen que vaian a conta de partidas destinadas a outras necesidades do sector e que a Xunta exerza as súas competencias en augas interiores aplicando normas de control propias.

Para a nacionalista urxe elaborar  as previsións económicas que permitan, no caso de que se aprobe finalmente nos mesmos termos o Regulamento de Control,   atender os custos da implementación das medidas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG