Parlamento Galego

BNG exixe á Xunta tomar as medidas necesarias para evitar a precarización no sector das telecomunicacións

Mon Fernández
Mon Fernández

Mon Fernández denunciou o ERE fraudulento que CIRCET, coa complicidade de Telefónica, quere impoñer aos seus traballadores e traballadoras en Galiza

O BNG insta a derrogar ao goberno do PSOE e Sumar derrogar a reformar laboral aprobada polo goberno de Mariano Rajoy

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Mon Fernández, acompañado polos traballadores e traballadoras da empresa CIRCET, trasladoulle esta mañá en sesión plenaria ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, que se reúna cos traballadores e traballadoras de CIRCET, que se reúna con Telefónica e que exixa ao Goberno central utilizar a súa posición de control para evitar que a dita empresa impoña a través dun ERE fraudulento, un sistema de traballo que prexudica ao persoal e á calidade do servizo que presta no noso país.

Mon Fernández salientou que CIRCET aglutina a día de hoxe todo o traballo que antes realizaban diferentes contratas de Telefónica. En Galiza ten o monopolio absoluto e, polo tanto, a maioría dos galegos e galegas son indirectamente clientes desta empresa. “Mesmo a Xunta de Galiza, o SERGAS ou servizos tan sensíbeis como emerxencias dependen de CIRCET” apuntou.

A finais de outubro deste ano, a empresa comunicou á representación legal dos traballadores e traballadoras a súa intención de despedir a 377 persoas, das cales 118 están na Galiza, un terzo do total, que Fernández cualificou unha porcentaxe “totalmente desproporcionada”. O deputado nacionalista denunciou que a verdadeira intención da empresa con este ERE “é precarizar as condicións de traballo no sector das telecomunicacións”, reinstaurando o vello sistema de traballo por produción para pasar por riba dos límites de xornada e dos convenios colectivos de aplicación, aumentando a súa contratación en cadea e aos falsos autónomos. “Un sistema de traballo que na Galiza estaba parcialmente, só parcialmente superado, grazas a mobilización e a presión sindical” subliñou.

Unha empresa na que o goberno estatal e o principal accionista precisamente por considerala estratéxica e ao mesmo tempo, o Ministerio de Traballo será autoridade competente para emitir informes sobre a legalidade dun ERE que Fernández cualifica de “aparentemente fraudulento”.

“Vai sendo hora de que o PSOE e o Yolanda Díaz derroguen dunha vez por todas a reforma laboral do goberno que se aprobou con Mariano Rajoy” criticou Fernández que lembrou que foi esta reforma a que suprimiu a necesidade de autorización gobernativa para que as empresas poidan realizar despedimentos colectivos como o que quere realizar a empresa CIRCET.

Precarización das condicións laborais

Mon Fernández apuntou na súa intervención varios casos de precarización do persoal en Galiza. Por exemplo, na provincia de Lugo queren despedir a metade do persoal propio da empresa cando de facto xa a día de hoxe o número de persoas traballando no sector a través de contratas duplica ao persoal propio. Un caso aínda máis grave ocorreu na zona de Compostela na que se detectaron varias persoas traballando sen estar dadas de alta na Seguridade Social, tal e como puideron comprobar tanto os axentes de policía como Inspección de Traballo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG