BNG denuncia no Parlamento o deterioro da sanidade pública no concello de Soutomaior e pide medidas urxentes ante a falta de persoal médico

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo

Manuel Lourenzo  criticou as continúas  “mentiras” do titular de sanidade e exixiu resolver a situación da veciñanza que tras agardar dúas semanas por unha cita teñen que volver a pedila porque “non hai médico”

O deputado do BNG, Manuel Lourenzo denunciou, a través dunha pregunta parlamentaria ao conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, a situación de “deterioro e caos” da sanidade pública no concello de Soutomaior.

Dende o escano, Lourenzo amosoulle ao titular de sanidade, varias imaxes de cartaces  para constatar como a veciñanza debe agardar máis de 10 días nas lista de agarda para seren tratados e hoxe mesmo, dixo, no consultorio de Arcade despois de agardar semanas por unha cita  deben dar a volta e pedir outra porque atopan un cartaz  para informalos,  “hoxe non hai médico”.

O nacionalista explicou  que unha crianza en Arcade no caso de enfermar esta noite non terá pediatra ate o 16 de decembro e esta, recalcou, “é a realidade obxectiva” que vivimos en Soutomaior.

“Vostede pode vir aquí a facer o que fai sempre... a dicir que a culpa é do bipartito, do goberno central, que se as  eleccións municipais pero a  veciñanza de Soutomaior que padece esta situación xa non se cre máis mentiras. Porque eles viven esta desfeita”.

O deputado lembrou que o PP dixo  que o peche do  consultorio de Romariz sería temporal. E foi Mentira! Porque, “agora estamos sen consultorio en Romariz e sen médicos en Arcade”. O nacionalista  continuou a súa intervención demostrando outras mentiras como a de que existen médicos suficientes pero os  cupos, dixo,  están “saturados” e  os médicos  marchan ante  os  colapsos cando falta un facultativo.

“É mentira” afirmou  que non haxa médicos, o problema é que foxen da primaria ante as condición que vostedes lles impoñen e isto,  non o di o BNG, isto  díceo o Colexio oficial de Médicos de Pontevedra que rompeu relacións con vostede polas súas mentiras.

Tras a intervención do conselleiro de sanidade que negou a situación descrita polo nacionalista, o deputado nacionalista volveu a reclamar medidas para solucionar os problemas da sanidade no concello de   Soutomaior e  recalcou que o Partido popular continua na senda “de recortar” e levar a sanidade pública neste concello a unha “situación límite” polo que pediu “menos mentiras e máis médicos”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG