BNG denuncia falta de transparencia do goberno galego sobre os fondos europeos e pide un debate democrático

Noa Presas critica  a terceira comparecencia do conselleiro de Economía na comisión para optar aos fondos de reconstrución europeo, Next Generation, ao tempo que a Xunta non facilita información dos proxectos ao Parlamento

A portavoz de Economía do BNG, Noa Presas critica a “falta de transparencia” da Xunta e a negativa do goberno a  facilitar  información  sobre os proxectos e contías económicas que optan dende Galiza  aos  fondos europeos, Next Generation.

A nacionalista critica o anunciou de comparecencia do conselleiro de Economía, Francisco Conde na comisión constituída no Parlamento galego para elaborar unha diagnose económica de Galiza e as prioridades cara os  fondos europeos ao tempo que a Xunta nega a información ao respecto

Para a deputada, resulta “admisible” a falta dun debate democrático e transparente sobre os proxectos escollidos. Neste sentido, lembrou que  o Parlamento galego constituíu unha comisión de estudo que no mes de xaneiro do 2021 tiña que ter concluído o seu ditame pero a día de hoxe, a comisión non conta con  esta información detallada.

O PP,recalcou Presas  vive instalado “na propaganda” e no anuncio permanente. Agora, para colmo, a semana que vén comparecerá o conselleiro Francisco Conde para darnos “unha terceira rolda de prensa”. Dende o BNG  reclamamos que sexa facilitada a información de “maneira inmediata” e iniciar un debate democrático sobre os proxectos  Nex Generation, porque representan   “unha oportunidade” para o desenvolvemento económico e social de Galiza.

O PP quere beneficiar con fondos europeos a catro empresas amigas

Nos podemos permitir que o Partido popular destine  fondos europeos a “catro empresas escollidas a dedo”, porque  en Galiza, insistiu a deputada,  hai autónomos e autónomas e pequenas e medianas empresas atravesando unha importante crise económica.

A Xunta continúa co autobombo e propaganda

 A parlamentaria reitera  que o Conselleiro de Economía comparecerá na comisión por  terceira vez despois de  abrir as comparecencias no mes  novembro de 2020, comparecer a finais de decembro e agora  para  explicar  as liñas xenéricas de “proxectos e cifras millonarias e incoherentes”. Unha vez máis, estamos ante “o autobombo do Partido popular e da Xunta”, remarca Noa Presas.

Por outra parte, a única documentación remitida ao Parlamento é “un dossier ridículo” de  12 páxinas  titulares de prensa, no que nin sequera  suma os montantes da  cantidade reflectida no índice e no que, por poñer un exemplo, pretende venderse como proxecto europeo facer “máis albergues en Santiago.

 O BNG rexistrou ata 13 solicitudes de información pola vía do Artigo 9 diante dos recorrentes anuncios de Feixóo e seguimos agardando por unha resposta, levamos 4 iniciativas a debate a pleno reclamando criterios xustos, xestión territorializada, dialogo social e obxectivos a acadar que foron rexeitadas  polo PP.

Resulta “inaudito” que teñamos información dos  proxectos de Navarra e non a” folla de ruta de Galiza”, conclúe  a nacionalista.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG