Congreso

Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura

Sinatura Acordo
Sinatura Acordo
AP-9, ferrocarril, industria e emprego, dependencia, saneamento das rías, lingua, transferencias, violencia machista, emigrantes retornados... O que o BNG conseguiu co acordo de investidura para rematar cos 10 anos de bloqueo do goberno de Feixóo.
Facendo Valer Galiza

AP-9 GALEGA

  • Bonificación do 100% das peaxes para viaxes recorrentes (dúas veces ou máis ao día) para particulares e profesionais.
  • Gratuidade do tramo Vigo-Redondela.
  • Eliminación do impacto nos e nas usuarias da AP-9 do incremento extraordinario anual acumulativo durante 20 anos.
  • Tranferencia da AP-9 ao longo deste ano 2020.

MELLORA DA REDE FERROVIARIA GALEGA

  • Modernización da rede interior ferroviaria con actuacións concretas ao longo desta lexislatura nos seguintes tramos (como mínimo): A Coruña-Ferrol, A Coruña-Lugo e Vigo-fronteira portuguesa no eixo atlántico ferroviario.
  • Electrificación no tramo Ourense-Lugo e a liña FEVE Ferrol con Xixón.
  • Corredor Atlántico.
  • Conexión en 2020 cos portos exteriores de Ferrol e A Coruña.

RÍAS GALEGAS LIMPAS E SEN CONTAMINACIÓN

  • Saneamento e rexeneración das rías galegas.
  • Asegurar o cumprimento por parte de ELNOSA das súas obrigas en relación coa reversión dos terreos cedidos en concesión.
  • Traslado de ENCE garantindo o mantemento do emprego.

APOIO Á NOSA LINGUA

  • Normalización do uso do galego na administración periférica do Estado. Respecto pola toponimia galega.
  • Recuperar horas de emisión dos medios de comunicación públicos estatais.
  • Recepción na Galiza das radios e televisións de Portugal.

RECOÑECEMENTO A GALIZA E TRANSFERENCIAS

  • Calquera modificación da estrutura territorial do Estado asegurará a Galiza o mesmo status que as outras nacións.
  • Activar a transferencia da totalidade das competencias pendentes recollidas no Estatuto, así como das competencias que foron obxecto de consenso no Parlamento Galego (AP-9, Tráfico...).

COMBATENDO A VIOLENCIA MACHISTA

  • Modificación da Lei Integral de Violencia de Xénero e a Lei Orgánica do Poder Xudicial, a fin de considerar os delitos sexuais contra as mulleres como violencia de xénero.
  • Ampliar o número de xulgados de violencia de xénero na Galiza e, en concreto, en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.

MANTENDO A INDUSTRIA E O EMPREGO

  • Incluír Galiza no Plan de Acción Urxente para países do Carbón e Centrais Pechadas (2019-2021).
  • Convenios de Transición Xusta para As Pontes e Cerceda.
  • Electrointensivas: liberar a factura de cargos que non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico.

DEPENDENCIA

  • Aportación do 50% estábel que corresponde á Administración Xeral do Estado para o financiamento da Dependencia.

EMIGRANTES RETORNAD@S

  • Durante 2020 adoptaranse as medidas necesarias para evitar que as prestacións recibidas desde o estranxeiro por emigrantes retornados sufran unha dobre tributación.

 


DESCARGAS:

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG