O BNG consegue o acordo unánime da Cámara para indultar aos dous sindicalistas galegos

O grupo parlamentario do BNG mostrou cartaces pedindo o indulto dende os escanos

Tareixa Paz aceptou unha emenda do Partido popular para acadar o “indulto parcial” dos sindicalistas condenados a 3 anos de prisión por participar nun piquete informativo

Tereixa Paz pide o indulto para os dous sindicalistas galegos

A deputada do BNG, Tereixa Paz amosou hoxe a súa satisfacción tras a votación “por unanimidade” da Proposición non de lei defendida hoxe no Parlamento galego para solicitar do Goberno do Estado a concesión do “indulto” dos sindicalistas, Carlos Rivas e Serafín Rodriguez .

A deputada agradeceu o apoio do resto dos grupos parlamentarios á iniciativa do BNG e asegurou que a entrada en prisión dos dous sindicalistas galegos provocaría unha grande “inestabilidade nas súas familias e fillos” polo que aceptou a emenda do Partido popular de “indulto parcial de Serafín Rodríguez e Carlos Rivas evitando a súa entrada en prisión”.

A nacionalista mostrouse crítica cunha sentenza que respecta pero non “acata” por colocar no mesmo fiel da balanza a un traballador e a un empresario, ademais de afirmar que os piquetes informativos son, por definición “ilegais”.

Para a deputada, o debate de hoxe no Parlamento galego é “un debate de principios”. O Partido popular, non pode “criminalizar” os piquetes informativos nin a folga dos traballadores. Dende o BNG, dixo, non queremos que Carlos e Serafín sexan indultados por compaixón, queremos “xustiza social”, un dos principais valores da sociedade galega, unha sociedade, reiterou que sinte ademais solidariedade e admiración por teren defendido os seus dereitos.

O grupo parlamentario do BNG mostrou cartaces pedindo o indulto dende os escanos

Eu tamén participei en moitos piquetes informativos, e ao igual que eles, “síntome orgullosa” por defender os intereses dos traballadores e traballadoras, non sei, engadiu, se os 200 cargos políticos e banqueiros indultados por falsificación, falsidade de documentación e por conceder licenzas para pelotazos urbanísticos tamén lle pediron que se arrepentisen e restauraran o dano social.

A deputada preguntou que dano social cometeron os dous sindicalistas galegos xunto a 80 persoas que participaban nun piquete informativo nunha folga de negociación de convenio.

Esta iniciativa non é do BNG, é de toda a clase traballadora galega.A deputada concluíu a súa intervención aconsellando a Feijóo que ao seu paso por Madrid cando vaia a Andalucía “fale con Gallardón para que o indulto se cumpra”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG