O pasado 8 de marzo, as mulleres xa fixemos público o noso malestar coas desigualdades e constatamos, que estamos igual. O goberno de Núñez Feixóo pasou olimpicamente das nosas reclamacións e lonxe de promover políticas para avanzar na igualdade, aliouse coa extrema dereita que busca o retroceso. Por iso, é necesario, que as mulleres galegas saiamos a rúa a reclamar alto e claro que imos a defender o noso dereito a ser libres, que queremos cobrar o mesmo polo mesmo traballo, acabar coas discriminacións, e máis recursos para acabar con esas violencias que nos machacan, nos matan e seguen moi presentes na sociedade.
Neste sentido o BNG chama a participar en todas as mobilizacións previstas pola CIG e o movemento feminista. Estas son as que hai convocadas até o momento.
MOBILIZACIÓNS DA CIG
- A Coruña, 12.00h., Praza de Vigo
- Betanzos, 12.00h., Praza da Constitución
- Ferrol, 11.30h., Edif. Da Xunta (praza de Amada García)
- As Pontes, 12.00h., Praza do Concello
- Carballo, 12.00h., Praza do Concello
- Cee, 12.00h, Praza 8 de marzo
- Rianxo, 12.00h, Praza do Concello
- Compostela, 11.00h, Xunta de Galiza (San Caetano)
- Compostela, 11.30h CHUS (Hospital Clínico)
- Compostela, 12.00h, Praza da Galiza
- Pontevedra, 12.00h, Praza da Peregrina
- Vilagarcía de Arousa, 12.00h, Praza Ravella
- Bueu, 12.00h, R/ Eduardo Vicenti (diante do concello)
- Cangas, 12.00h, Avda. Castelao (diante do concello)
- Moaña, 12.00h, R/ As Barxas (diante do concello)
- A Estrada, 12.00h, Praza do Mercado
- Vigo, 12.00h, Farola de Urzaiz
- Tomiño, 12.00h, Praza do Seixo (diante do concello)
- Burela, 12.00h, Diante do concello
- Ribadeo, 12.00h, Diante do concello
- Viveiro, 12.00h, Diante do concello
- Lugo, 12.30h, Diante do edificio sindical
- Monforte de Lemos, 12.00h, Praza de España
- Ourense, 11.30h, Diante da Mutua Universal
- Verín, 12.00h, Praza do Concello
- O Barco de Valdeorras, 20.00h, Praza do Concello
MOVEMENTO FEMINISTA
- A Coruña, 19.30h, Manifestación. Saída do Obelisco
- Miño, 12.30h, Manifestación. Saída da rotonda da rúa Raxel
- Ferrol, 19.00h, Manifestación. Saída da praza Amada García
- Ortigueira, 12.00h, Concentración. Diante do concello.
- Carballo, 20.00h, Manifestación. Saída dende os xulgados
- Noia, 20.00h, Praza do concello
- Compostela, 20.00h, Manifestación. Saída da praza 8 de marzo
- Padrón, 20.00h, Concentración. Diante da estatua a Rosalía.
- Melide, 20.00h, Praza do Convento
- Pontevedra, 20.00h, Manifestación. Saída da praza do hospital
- Cuntis, 19.30h, Manifestación. Saída do centro de saúde
- Vilagarcía de Arousa, 20.30h, Concentración. Praza da Galiza
- Marín, 20.30h, Manifestación. Saída dende o concello
- Vigo, 20.00h, Manifestación.. Saída dende a praza dos cabalos
- Burela, 20.00h, Manifestación. Saída dende a estación do tren. Carácter comarcal.
- Vilalba, 20.30h, Manifestación. Saída dende a praza da Constitución.
- Chantada, 12.00h, Concentración. Praza da Galiza
- Ourense, 20.00h, Manifestación. Saída dende a Subdelegación do goberno español
- Lugo, 20.00h, manifestación, saída desde a esplanada da Xunta
As mobilizacións anteriores están confirmadas co movemento feminista, mais pode haber outras que non figuren nesta listaxe. Prégase consultar a web galegas8m.gal.