O BNG asiste ao Aberri Eguna centrado en reivindicar o dereito das nacións a decidiren o seu futuro

Unha delegación do BNG, encabezada por Xavier Vence, participa na manifestación do Aberri Eguna convocada en Iruñea.   

O BNG apoia o proceso de paz, demanda maioritaria da sociedade vasco, como vía de resolución definitiva do conflito.

A soberanía e o dereito a decidir, reivindicación central do Aberri Eguna e que o BNG demanda para Galiza, son principios básicos para buscar unha saída xusta da crise.

Santiago, 20 de abril de 2014.- Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, participa xunto con outros membros da organización, nos actos de celebración do Aberri Euguna, que se están a desenvolver esta fin de semana en Euskal Herria. O BNG asiste á manifestación unitaria convocada en Iruñea pola rede Independentistak e apoiada por Eusko Alkartasuna, organización anfitrioa do BNG e mais por Abertzalen Batasuna, Alternatiba, Aralar e Sortu.

Xavier-Vence-Zabaleta-BarrenaA celebración do día da patria vasca enmarcase no contexto do proceso de paz impulsado pola esquerda abertzale e que conseguiu concitar o apoio da maioría da sociedade e de todas as forzas políticas nacionalistas. O BNG vén amosando un apoio decidido a esta iniciativa política que marca o camiño para resolver definitivamente o conflito vasco e ten lamentado reiteradamente a incapacidade das institucións do Estado español, especialmente o Partido Popular, para dar os pasos necesarios para conseguir a ansiada resolución definitiva do conflito.

A celebración do Aberri Eguna do 2014 céntrase na reivindicación da soberanía e do dereito a decidir que a plataforma e organizacións que convocan perciben como un desexo maioritario en Euskal Herria. Esta reivindicación chega "nun contexto político, económico e social moi significativo", no que "o debate sobre o dereito a decidir dos pobos está aberto, tanto en Europa como en Euskal Herria" e nun momento no que Escocia e Cataluña conseguiron "poñer en marcha os seus propios procesos soberanistas".

Xavier-Vence-Laura-MinteguiO BNG súmase á reivindicación de soberanía para o pobo vasco expresada nesta celebración do Aberri Eguna, do mesmo xeito que vén apoiando o proceso soberanista aberto en Cataluña e noutras nacións europeas. Nun contexto de fonda crise política, económica e social, o BNG tamén defende para Galiza a necesidade da soberanía nacional como principio político necesario para ter capacidade para decidir democraticamente o futuro da nosa sociedade. A crise actual, con medidas tomadas por instancias da UE que carecen de lexitimidade democrática, en connivencia coas institucións fondamente centralistas do estado español, mostra que a única vía realista para pór fin a este inxusto estado de cousas é o exercicio da soberanía como exercicio de liberdade e capacidade para decidir sobre os nosos recursos e dispor do noso futuro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG