O BNG arranca a súa folla de ruta para as Xerais co proceso de elaboración de candidaturas

asemblea
asemblea

O BNG ten definida a súa propia folla de ruta de cara ás eleccións xerais do 28 de abril que arranca coa reunión extraordinaria do Consello Nacional deste venres, onde dará luz verde á elaboración das candidaturas ao Congreso.

O máximo órgano de decisión entre asembleas abre mañá un proceso de participación democrática entre a militancia que, desde todas as comarcas, proporá nomes de candidatos e candidatos para integrar as listas de cara a esta primeira cita coas urnas.

En relación ás diversas propostas de alianzas xurdidas tras o anuncio de anticipo electoral, o Bloque deixa claro a súa aposta para que Galiza recupere voz propia en Madrid da man dunha forza política que teña o seu centro de decisión neste país, sen ataduras e sen sucursalismos.

O BNG reitera que o proxecto a favor de Galiza que representa ten as portas abertas a todas as persoas, colectivos ou movementos que aposten por forzas políticas propias para defender os dereitos sociais e nacionais dos e das galegas, portas abertas a comparta a urxencia de recuperar representación propia no Congreso. Un proxecto común no que hai sitio para todas as persoas que queren poñer fin á discriminación das forzas estatais.

Igualmente, o BNG afronta as eleccións europeas en alianza coas forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña, por ser a mellor opción para defender os intereses de Galiza na Eurocámara nun proceso electoral de circunscrición electoral estatal, a diferencia das eleccións xerais do 28A que son de circunscrición electoral galega e para as que a formación que lidera Ana Pontón presentará unha candidatura de país.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG