O BNG apoia en Lugo a xornada de fútbol das seleccións galegas

A dirección e militancia do BNG asistirán mañá, sábado día 28 de decembro, ao partido Galiza- Occitânia ás 20 horas no Campo do Polvorín de Lugo para reivindicar a presenza das seleccións galegas nas competicións oficiais

S Baixo o lema “Xoga a nosa selección”, a dirección e militancia do BNG participará mañá, sábado 28 de decembro nos actos convocados por Siareir@s Galeg@s nas tradicionais xornadas de decembro para reivindicar a oficialidade das seleccións de fútbol galegas.

Xa pasaron cinco anos do último partido amigábel da Selección galega organizado polo Goberno da Xunta de Galiza no período bipartito. O BNG quer lembrar que durante esa lexislatura, @s nacionalistas impulsaron a oficialidade das seleccións galegas de fútbol polo que a xornada prevista para mañá en Lugo e a manifestación que percorrerá as rúas da cidade volverán a reclamar os dereitos do pobo galego e a súas seleccións deportivas.

Asemade dos partidos previstos, a xornada comezará ás 14 horas cun xantar no que participarán diversas representacións doutras nacións, ás 16 horas aberto bilharda, ás 18 dará comezo a manifestación nacional con saída dende a praza maior, as 20 Galiza enfrontase a Occitânia no campo do Polvorín e as 23.30, na explanada de Rosalía de Castro, os grupos Nao, A Quenlla, Sen resposta e Liska iniciarán o concerto que pechará a xornada.

Ás 12.30hs comeza a III Xornada da Liga Gallaecia de Fútbol gaélico cos encontros: Suévia-Torques e Ambilokwoi-Cascarilla no Campo Municipal de Nadela.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG