O BNG apoia as denuncias contra a manipulación informativa na RG e TVG

Os comités de empresa da CRTVG trasladan ao BNG as denuncias de “manipulación informativa” na TVG e RG nunha xuntanza co portavoz nacional, Xavier Vence e os deputados Francisco Jorquera e Montse Prado

O portavoz nacional do BNG xunto os deputados, Francisco Jorquera e Montse Prado mantivo hoxe unha xuntanza cos comités de empresa da TVG e RG tras entregar o pasado 4 de xuño 345 sinaturas de traballador@s destes medios públicos contra a manipulación informativa a que están sendo sometid@s e en defensa dunha televisión e radio públicas, plurais e ao servizo da cidadanía como reflicte a propia lei de creación da CRTVG.

Para a deputada do BNG e portavoz na comisión parlamentaria de control da CRTVG, Montse Prado a “gravidade” da manipulación sistemática na TVG e RG provocou que os propios traballadores recolleran sinaturas contra esta práctica.

A nacionalista lembra que en múltiples ocasións, o BNG formulou preguntas parlamentarias sobre as accións previstas polo Goberno galego, tras as denuncias d@s traballador@s sen que polo momento, dixo, “o Goberno anunciara medidas concretas” e anunciou que o grupo parlamentario nacionalista presentará novas iniciativas co fin de abrir unha investigación, aclarar os feitos demandados e garantir que os profesionais poidan desenvolver o seu labor “sen presións e en liberdade”.

Galiza precisa de medios públicos que reflictan a pluralidade política

Prado salientou a importancia de contar con medios públicos e plurais ao servizo de Galiza, que reflictan información real do que acontece e non seren “meros instrumentos de propaganda e publicidade do Partido popular”. A parlamentaria reiterou o apoio do BNG ás demandas dos comités de empresa da CRTVG e avogou por uns medios públicos que respecten a pluralidade política, de xénero e información.

A nacionalista afirmou que é preciso mellorar o funcionamento e calidade dos medios de titualridade pública en Galiza polo que o BNG rexitrou hoxe unha proposición non de lei a través da cal o Parlamento galego insta á CRTVG a que, nun prazo de 3 meses, proceda a aprobación e aplicación do Estatuto profesional contemplado na Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual en Galiza e a creación dun consello de informativos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG