O BNG apoia celebrar un pleno extraordinario e pide corrixir os períodos inhábiles

Francisco Jorquera lembra que o BNG  no mes de Decembro xa propuxo habilitar xaneiro como período ordinario. O PP votou en contra de celebrar un pleno extraordinario

Francisco Jorquera na Deputación Pemanente

O BNG apoiou hoxe a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario e considerou “inadmisible” que dende o 20 de decembro ata febreiro, a Cámara galega non debatera a venda de Novagalicia Banco, a contrareforma da lei do aborto e os novos datos sobre o accidente de Angrois.

Sobre o a accidente ferroviario afirmou que os novos datos coñecidos poñen en evidencia “graves déficits de seguridade” na liña ferroviaria Santiago-Ourense e desmontan a tese de ADIF e do Ministerio de Fomento sobre a perigosidade do trazado.

O PP vota en contra de celebrar un pleno extraordinario para seguir ocultando os problemas

Os votos en contra do Partido popular impediron que a solicitude para celebrar un pleno extraordinario sobre os temas expostos prosperara.

Na súa intervención, o portavoz do grupo parlamentario do BNG defendeu reformar o funcionamento do Parlamento para que sexa más áxil e participativo en troques de abordar “ reformas da Lei electoral” ad hoc cos intereses electorais do Partido popular.

Feijóo debe comparecer para explicar a venda de Novagalicia Banco e desaparición do sistema financiero galego

No mes de decembro consumouse a venda de Novagalicia Banco e nin sequera esa operación, dixo, Jorquera, provocou que o Partido popular reanudara os traballos en xaneiro da comisión de investigación das Caixas de aforros “conxelada” durante sete meses a espera da consumación do sector financeiro galego, nin tan sequera é convocada agora para escribir o “epitafio” do noso sector financeiro.

O Presidente da Xunta, manifestou o deputado, debe “comparecer e dar explicacións” da “malversación de fundos” para inxectar 9.000 de euros en Novagalicia Banco e vendela por 1.003 millóns e euros en cómodos prazos ata o 2018, ademais dos beneficios fiscais.

Feijóo debe explicar a súa posición sobre a contrareforma da lei do aborto e a Reforma Local

Por outra parte, tamén aludiu a reforma do aborto da que dixo, Feijóo debe emitir a súa valoración porque constitúe un “ataque”, sen precedentes, aos dereitos das mulleres. Unha contrarforma pregada aos plantexamentos ideolóxicos dos grupos integristas e non por criterios “económicos, sanitarios, educativos ou preventivos”.

Francisco Jorquera

O nacionalista reprobou a decisión de reformar a lei do aborto iniciada polo ministro Gallardón porque só servirá para “reinstaurar os abortos clandestinos poñendo en risco a vida das mulleres”.

Neste sentido, lembrou que o Goberno do PP aprobou a Lei Madre na que deixou a atención das mulleres embarazadas nas mans de “asociación católicas integristas”.

Reforma local do PP para potenciar ás deputacións provinciais

O BNG solicitou que comparece o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda para explicar a posición da Xunta de Galiza na aplicación da Lei de Reforma Administración local, “unha lei centralista”,dixo, elaborada para fortalecer institucións caducas como as deputacións provinciais e laminar a autonomía local.

Finalmente, o parlamentario do BNG tamén se referiu á tarifa eléctrica que está a conducir ás familias á “pobreza enerxética” e as empresas, a rebaixar a súa competitividade.

Un país como Galiza, gran produtor eléctrico, non pode permitir que existan familias que por non poder pagar o recibo da luz se lles corte o subministro eléctrico, “Feijóo tamén debe explicar se ten algunha alternativa” nesta materia, concluíu.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG