O BNG, anfitrión da XII Asemblea da Alianza Libre Europea (ALE)

Unha delegación de Alianza Libre Europea, (ALE), da que forma parte a ex-eurodeputada do BNG, Ana Miranda foi recibida hoxe polo Grupo parlamentario nacionalista no Parlamento galego.

Reunión-BNG-ALE (Parlamento galego)

Os deputados e deputadas, Francisco Jorquera, Carme Adán, Cosme Pombo, Tereixa Paz e Daniel Rodas mantiveron un encontro coa delegación de ALE centrado na XII Asemblea que se celebrará ata o día 15 en Santiago de Compostela co BNG como anfitrión.

Tras a recepción, o grupo parlamentario do BNG amosou a Cámara galega á delegación de ALE que tamén foi recibida pola Presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.

A candidata do BNG ao Parlamento europeo, Ana Miranda salientou que Asemblea de ALE en Santiago de Compostelad servirá para poñer en común estratexias de fortalecemento do discurso de autodeterminación dos pobos de Europa, a idea fundamental, dixo, Miranda é “profundizar no proceso soberanista de Escocia e en xeral nos dereitos da Europa dos pobos”.

A candidata do BNG e membro de ALE nesta lexislatura tamén manifestou que a Asemblea servirá para a “aprobación de resolucións e mocións sobre asuntos vinculados á crise económica e contra as políticas neoliberais marcadas pola Troika.”.

PROGRAMA

Auditorio de Galiza. Xoves día 13, inicio da Asemblea cun primeiro encontró das xuventudes de ALE coa participación de Galiza Nova.

Venres 14, apertura oficial a cargo do portavoz nacional del BNG, Xavier Vence e o presidente de la Alianza Libre Europea, Eric Defoort.

O sábado día 15, Ana Miranda, secretaria de Política Internacional del BNG, presentará o manifesto electoral de ALE para as elecciones europeas de este ano que continuará cunha mesa redonda baixo o título 'Tempo de Autodeterminación'.

A Asemblea rematará o sabádo día 15 coa participación do ex eurodiputado do BNG entre Camilo Nogueira, a candidata do BNG ás elección europeas, Ana Miranda, Iñaki Irazabalbeitia (eurodiputado de Aralar-ALE), Jordi Solé (secretario de Política Internacional de ERC) e Xavier Vence, portavoz nacional do BNG.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG