Ana Pontón: "Recoñecer o estado palestino é insuficiente, hai que romper relacións diplomáticas con Israel"

Manifestación Palestina
Manifestación Palestina

A líder nacionalista tamén se referiu ao recoñecemento do Estado palestino por parte do Estado español, un xesto que considerou “positivo e na boa dirección”, pero “insuficiente”. 

“Desde o BNG consideramos positivo que o Estado español se sume a eses 140 países que xa recoñecen ao Estado palestino, pero tamén queremos dicir con toda claridade que é insuficiente para frear o xenocidio que neste momento se está producindo en Gaza”, explicou.

Por iso, ao lado deste recoñecemento, avogou por que o Estado tome medidas máis contundentes como “romper todas as relacións diplomáticas con Israel mentres continúe o xenocidio e frear a venta de armas” porque, advertiu, “é evidente que estamos vivindo unha situación que dende o punto de vista humanitario non se pode soster e que se están cometendo crimes contra a Humanidade”. Neste sentido, a portavoz nacional concluíu lamentando que “o Partido Popular sexa cómplice deses crimes que se están producindo”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG