Galegas 2016

Ana Pontón propón crear embaixadas comerciais para promover unha política do comercio galego no exterior

distribucions-arnoia
distribucions-arnoia
  • A candidata do BNG á presidencia da Xunta tamén reclamou a transferencia das competencias do Estado en materia comercial

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón anunciou hoxe que o programa do BNG contén entre as súas medidas a internacionalización das empresa galegas a través da creación “dunha rede de embaixadas comerciais que aposten por poñer en marcha unha estratexia comercial galega no exterior” e reclamou para Galiza as competencias do Estado en materia de comercio exterior para deseñar unha estratexia galega que responda “ás nosas necesidades”. Non é o mesmo, dixo, a estratexia para comercializar un viño rioxa que a dun viño alvariño das Rías baixas ou do Ribeiro. “Necesitamos ter os instrumentos para internacionalizar as nosas empresas como eixo para consolidar o emprego no noso país”.

Ademais recalcou que hai unha prioridade para a internalización das empresas galegas impulsando os vínculos coa lusofonía onde temos, afirmou, “unha grande oportunidade para abrir novos mercados a través da lingua”. A candidata do BNG sumou a estes mercados os de China ou Xapón, mercados que na actualidade contan cunha certa introdución pero aínda insuficiente.

distribucions-arnoia2O BNG aposta por derrubar as tutelas e subordinación de Galiza

A nacionalista asegurou que nun momento de crise, as empresas que apostaron pola internacionalización resistiron moito mellor a situación e conseguiron non destruír o emprego en Galiza. Dende o BNG sabemos que Galiza pode saír adiante se contamos coas ferramentas para deseñar estratexias propias que desenvolvan todas as nosas potencialidades. “Somos a candidatura que pensa que sen tutelas e e subordinacións vainos ir moito mellor”, só desa maneira,remarcou a candidata, “sairemos do pozo das políticas do Partido popular e o modelo da dependencia.Queremos autoresponsabilizarnos do noso futuro”.

Na súa visita ás instalacións da Distribuidora de libros Arnoia en Pontecaldelas acompañada do cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a nacionalista destacou a capacidade da empresa como proxecto pioneiro e con vocación de internacionalizar empresas para xerar emprego en Galiza.

Bará avoga por proxectos empresariais innovadores

Pola súa parte, o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará cualificou de “proxecto punteiro” a empresa Arnoia e avogou por crear en Galiza proxectos innovadores que trasladen ao mundo a idea dunha “Galiza ambiciosa, innovadora” e que mira para fora porque quere chegar lonxe. Dende o BNG queremos transmitir o noso recoñecemento aos proxectos empresariais galegos e de maneira especial aos relacionados coa cultura e o libro que necesita máis capacidade.Dende os gobernos temos que apostar por este tipo de proxectos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG