Tras a reunión do Consello Nacional do BNG, a portavoz nacional, Ana Pontón esixiu “explicacións e transparencia” sobre as causa do derrube da ponte da A-6 e denunciou “o pacto de silencio PP-PSOE” para protexer intereses partidistas e empresarias.
Desde o BNG, dixo, estamos “escandalizados e moi preocupadas” polo acontecido no viaduto despois do segundo derrube e alguén terá “que dar explicacións” é resulta “inadmisible” pasar de estar a piques de reabrir esa ponte con arranxos millonarios e agora propoñer “a súa demolición”
Onte a Ministra de Transportes acompañada do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “dignáronse a visitar o lugar do sinistro”. E tras dez 10 días e dous derrubes, “non aclararon nada de nada”. Non se referiron ás responsabilidade das empresas construtoras. “Non deu ningunha solución, nin prazos, nin nada de nada”, reiterou Pontón.
Para a líder nacionalista, o acontecido evidencia “unha complicidade, un pacto de silencio PP-PSOE que nós parece politicamente impresentable”. A quen queren protexer? Ao Sr. Álvarez Cascos? A Florentino Pérez? Ao lobby do Palco do Bernabeu? preguntou.
Desde o BNG queremos explicacións e transparencia e reclamamos: “ a comparecencia da Ministra de Transporte, unha auditoría independente de todas as pontes da A6 e unha estratexia e calendario para poder circular con seguridade pola A-6” e dende o BNG, “iremos até o fondo, caia, que caia”.
Ao seu xuízo, o Goberno central e o Goberno da Xunta precisaron dez días e o colapso do viaduto da A6 para visitar o lugar. Así é como entenden PP e PSOE Galiza, porque para o Partido Popular e para o Partido Socialista, Galiza sempre pode esperar. Vímolo con este desastre que afecta a unha infraestrutura de primeiro nivel. Pero tamén hai uns días na reunión entre a vicepresidenta de Economía e o presidente da Xunta, que se saldou coa satisfacción de ambas partes , “moi contentos ambos”, pero sen “ningún acordo concreto para Galiza, nin un só compromiso, nin un só investimento sobre a mesa, nun momento en que se están repartindo os grandes proxectos con cargo os fondos europeos de recuperación dos que, de momento, Galiza queda fóra”.
Medidas urxentes ante a brutal escalada de prezos
Estamos nun contexto de crise de prezos en que se necesita, máis que nunca, un goberno que se deixe a pel porque hoxe, recalcou a portavoz nacionalista, “as galegas e galegos somos un 9,6% máis pobres que fai un ano, cunha inflación máis alta, cos salarios por debaixo da medias e as segundas pensións máis baixas do estado”. Estamos ante subidas do “42% no aceite, 32% nos ovos, 15% no leite ou 12% do pan”. Hoxe unha bombona de butano costa case 20 euros (19,55), cinco euros máis que fai un ano , un 33% máis cara. A gasolina subiu un 47% e encher o depósito “é un luxo para a maioría” ao que hai que sumar “á estafa legalizada da luz”.
Neste contexto crítico para familias e empresas, a subida salarial recollida nos 140 convenios colectivos asinados en Galiza até maio de 2022 foi un 3,76% e as pensións un 2,5%.
Hai que dicirlle á verdade á xente, esta crise é unha “nova estafa á maioría social” ao tempo que as empresas do IBEX obtiñan o ano pasado un resultado histórico, “64.000 millóns de euros de beneficio”, e Iberdrola acaba de repartir o maior dividendo da súa historia. “Unha auténtica desvergoña” Está claro que “o Sr. Galán nos toma por tontos.”
Xa non “valen os parches” e os vinte céntimos de subvención están servindo literalmente para engordar os beneficios do lobby petroleiro.
Ante esta situación, o BNG, volve a poñer enriba da mesa alternativas: 1.Subir o complemento autonómico das pensións non contributivas, ás máis baixas, estamos falando de 37.000 persoas.2.- Aumentar a RISGA e facela compatible coa prestación do IMV.3.- Aumentar as axudas para gastos básicos de vivenda, que coa inflación subiron un 21,8% no último ano.4.- Baixar as peaxes.5.- Axudas directas ós sectores produtivos máis impactados pola crise.
E necesario actuar no plano estrutural con accións para establecer un prezo máximo para a luz e os carburantes,subir ios impostos ás eléctricas e acabar cos beneficios caídos do ceo, crear unha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega. Todas estas ,medidas son “xustas e necesarias para a maioría social e para Galiza”.
Sen embargo, puntualizou Pontón, resulta curioso que PP e PSOE, responden que non se poden poñer en marcha porque non hai cartos pero son os mesmos aos que lles parece normal, “dilapidar 37 millóns de euros nun cumio da OTAN de dous días en Madrid, aumentar o gasto militar ao 2% do PIB, é dicir 6.000 millóns de euros máis en gasto militar”. E a pregunta é de onde van recortar esta cifra?, da sanidade, educación, política social, de onde? Quero deixalo moi claro, “que non conten co BNG para iso”
O BNG única alternativa para liderar o cambio político que precisa Galiza
A líder do BNG criticou ao un PP “cruzado de brazos”, instalado na propaganda e botando balóns fóra”. Un PP instalado no “Non” a todo o que significa defender Galiza, “Non á máis competencias, Non a tarifa eléctrica Galega, Non a frear o boom eólico depredador, Non a unha empresa pública de enerxía”.
“Temos un goberno galego gris, que nin xestiona nin ten un proxecto de futuro. O ciclo do PP en Galiza está no seu ocaso e temos na nosa man, abrir un cambio liderado polo BNG”.
Pontón pediu á militancia do BNG ofrecer o mellor cada día para dignificar a política e converter ao BNG no motor do cambio político en Galiza e avance nos concellos cun proxecto para as maiorías.
A nosa política municipal, aseverou, “é a mellor mostra da política que o BNG quere para Galiza como país: unha política transformadora, que mellora a vida das persoas; unha política de orgullo e confianza no noso potencial”.
“O BNG non ten límites, e témolo que ter presente todas e todos nós, en cada momento do noso traballo. Por iso, animo ao conxunto do BNG, concello a concello, a poñer en marcha un grande traballo de diálogo directo coa nosa sociedade para facer as mellores candidaturas municipais da historia do BNG”, concluíu.