A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, forma parte da delegación que hoxe visita aos presos políticos cataláns Oriol Junqueras –cabeza de lista da coalición Agora Repúblicas, coa que o Bloque se presentou ás eleccións europeas do pasado mes de maio- Raul Romeva e Jordi Cuixart.
Representado por Ana Miranda, o BNG integra a plataforma “Diálogo UE - Catalunya”, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos. Así, no encontro cos presos políticos tamén participarán, entre outros, o eurodeputado François Alfonsi (do Europe Ecologie, de Corsica) e Mark Demersmaeker (Former MEP e senador do Parlamento belga).
Esta visita é a terceira de Ana Miranda aos presos políticos cataláns, nas que ademais de trasladar o apoio do Bloque ás persoas que loitan polo dereito a decidir, subliñou que “un problema político ten que ter unha solución política e dialogada”. Neste sentido, a portavoz nacionalista en Europa fai referencia ás recentes declaracións do relator especial de Nacións Unidas para a Liberdade de Expresión e Opinión, el norteamericano David Kaye, quen pediu ao goberno español que non acusen de delito de rebelión aos políticos cataláns.
“Que o relator da ONU diga que as sentencias por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta”, apunta Ana Miradan.
Nas pasadas eleccións europeas, un dos eurodeputados eleitos da coalición @ahorarepublicas ten vulnerados seus dereitos. Acabamos de visitar a @junqueras na cadea en Llenoders. Esta semana a Comisión Xurídica do #ParlamentoEuropeo decidiu elaborar un informe. pic.twitter.com/JQiTbcw9Ms
— Ana Miranda (@anamirandapaz) September 9, 2019