Adán pide ao conselleiro de Economía que fale das empresas galegas e abandone a propaganda

Carme Adán

A deputada solicitou a “inmediata retirada” da campaña publicitaria inscrita no Plan de promoción da economía galega cun investimento de 1.400.000 euros

Adán tras a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria

Pleno.- A deputada Carme Adán respondeu ao conselleiro de Economía e Industria tras a súa comparecencia, a petición propia, para informar da internacionalización da economía galega que, “ a industria e a economía galega non está en situación como para gabarse dos resultados no Parlamento galego”.

Adán criticou a primeira acción do Plan de promoción de economía galega cun investimento de 1.400.000 euros nunha campaña de publicidade para vender a economía de Galiza como “principal impulsora de desenvolvemento e emprego dunha terra recoñecida como Galiza Calidade” en tres eixes: Internacionalización, investimento e emprendemento.

Industria presume da economía galega con publicidade mentres as empresas viven en agonía

Sobre empredemento, a nacionalista lembrou ao conselleiro a posta en marcha de tres campañas con anterioridade polo que recomendou retirala da actual, “céntrese en investimento e internacionalización porque en emprendemento xa gastou moito en publicidade”.

Para Adán, a comparecencia de Francisco Conde representa o primeiro acto de propaganda para “falar das publireportaxes” da consellería polo que pediu a “inmediata retirada” da campaña e destinar o seu investimento a programas de I+D+i.

Carme Adán

Deixe de facer propaganda e fálenos da realidade das grandes empresas galegas porque mentres o Goberno central rescatará a aceiteira “Óleo”, produtora de aceite máis importante do mundo, en p de venda e por resultar estratéxica para a economía do Estado español, Galiza segue perdendo emprego diariamente, as empresas cerran e o PP permite que acaben en mans de “fondos voitre”.

Qué hai de Pescanova, de San Luís, Banco Pastor, de Barreras, do Banco Echeverría ou Nova Galicia Banco? preguntou, porque poderíamos dar moitos máis exemplos da “perda de galeguidade” das empresas punteiras das que vostede agora tenta convencernos que traerán investimentos cando a realidade constata , “ a venda do noso país a prezo de saldo”.

A Xunta vende Galiza a cachos e a prezo de saldo

A deputada asegurou que a economía galega só pode conservarse grazas á protección dos sectores estratéxicos e non co seu abandono como está a facer a Xunta. A “balanza comercial” afirmou, non goza de boa saúde porque o consume segue descendendo.

Galiza, dixo, perdeu o 21% de afiliados/as á Seguridade Social no sector industrial, o 25% menos en ocupación empresarial e pecharon 10.376 empresas, esta é a realidade e non “o fume que vostede nos quer vender hoxe”.

Sobre crédito e financiamento a nacionalista reprochou ao conselleiro a súa ausencia no debate no que o BNG defendeu un Instituto Público galego para financiar o tecido industrial. Traia a esta Cámara iniciativas realistas e rigorosas e déixese de falar de caídas da industria para xustificar a venda de empresas a fondos estranxeiros como única solución, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG