6 DE DECEMBRO, NADA QUE CELEBRAR. Dicímolo con claridade porque nos gusta dicir o que pensamos. Esta non é a nosa Constitución, nunca o foi, nin recolle as aspiracións do nacionalismo galego. Non a celebramos porque nos nega. Galiza é unha nación e debe ter dereito a decidir. Con normalidade, democratica e libremente. Iso queremos. Iso é o normal. Nós nunca tivemos medo a dicilo, e felizmente cada vez son máis as mozas e mozos, os homes e mulleres, que no noso país ven na plena capacidade de decidir a chave para cambiar as cousas e construír un país novo. Hoxe, como hai 100 anos, defendemos DEMOCRACIA, DEREITOS E LIBERDADE PARA GALIZA. #GalizaNación
Buscar
TeleBNG
6 de decembro, NADA QUE CELEBRAR
Etiqueta