Todos os países teñen os seus recoñecemento ás heroes e heroínas que pelexaron contra as forzas de ocupación, antidemocráticas, hordas de asasinos e milicias que perseguiron ás mulleres e homes que loitaron polos dereitos democráticos e polas liberdades.
Heroes e heroínas como as que na Galiza formaban parte da guerrilla antifranquista, que na clandestinidade, agochándose en covas situadas en fragas e montes, loitaron contra a ditadura nunhas condicións de extrema dificultade. E xunto a ela, a veciñanza que lle prestou apoio.
Toda a sociedade debe avergoñarse dun golpe de estado -o do 18 de xullo de 1936- que conculcou a libre vontade do pobo expresada nas urnas. Cómpre condenar o réxime franquista, que baseou a súa supervivencia na eliminación física e na cruel persecución de toda discrepancia política e cultural.
Como demócratas temos unha débeda coa sociedade de hoxe e do futuro, porque non se pode construír unha verdadeira democracia sobre o esquecemento dos milleiros de homes e mulleres que loitaron, sufrindo a represión e, en moitos casos, mesmo pagando coa súa vida, o facerlle fronte á cruenta ditadura franquista, loitando por deixar unha Galiza mellor para as xeracións vindeiras. Non podemos, por tanto, permitir por máis tempo a pervivencia da memoria construída sobre as bases do franquismo, o silencio cómplice da transición española e o adiamento de verdade, xustiza e reparación.
É hora de que a Galiza recoñeza a labor destas heroínas e heroes que, desde o noso país, pelexaron con este obxectivo. É a nosa intención realizar unha homenaxe a estes colectivos, cuns actos que honren á guerrilla antifranquista, contando co contributo de todas aquelas persoas e colectivos que queiran sumarse a participar deste necesario recoñecemento.
Desde o BNG damos un paso adiante para desenvolver esta homenaxe, poñendo a disposición a nosa estrutura ao longo de toda a nación galega e sendo conscientes de que resulta imprescindíbel recuperar a memoria desta historia de resistencia ao fascismo única en Europa, da que Galiza, e todas as galegas e galegos, podemos sentir orgullo.
Esta é unha homenaxe inclusiva, aberta á participación de todas aquelas persoas e colectivos que compartan o desexo expresado neste manifesto. Queremos que todo o pobo galego, a comezar polas familias das persoas homenaxeadas, participen deste merecido recoñecemento, pola achega realizada á defensa da democracia contra a barbarie, a convivencia contra exclusión e a vida contra da tortura e a morte.
Por todo isto, desde o Bloque Nacionalista Galego impulsamos estes actos de recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza e, xunto con diversos colectivos e persoas a título individual, por medio deste manifesto expresamos:
- O noso recoñecemento a todas as persoas que fixeron parte da guerrilla antifranquista, tanto como combatentes, como exercendo de enlaces ou dándolles refuxio, xantares ou compaña, como loitadores pola liberdade e merecentes de homenaxe.
- A nosa vontade de fixar na Galiza a data do 27 de setembro de cada ano como Día de Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística. Nesta data tivo lugar o asasinato do alcalde de Cabanas durante a república, Álvaro Puentes Antón (1940) e os últimos fusilamentos do franquismo (1975).
- A nosa vontade de organizar diferentes actos de tributo e recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza ao longo do ano 2023 e o chamamento ao conxunto do pobo galego, e á veciñanza de Cabanas en particular, a participar deles e da Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística, que terá lugar o sábado, 23 de setembro de 2023.
- O convite ao conxunto do pobo galego a amosar o seu apoio ao presente manifesto, mediante a sinatura na web www.bng.gal.
En Cabanas, a 10 de xaneiro de 2023.
GRUPO PROMOTOR:
- FRANCISCO MARTÍNEZ LÓPEZ “QUICO”, militante da Federación de Guerrillas León-Galiza e da II Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza. Único membro vivo das guerrillas galegas.
- AFONSO EIRÉ LÓPEZ, xornalista e investigador.
- BEATRIZ PARGA MASSO, familiar de Manolo Bello, militante comunista asasinado no 1946.
- BIEITO IGLESIAS ARAÚXO, escritor e historiador.
- CARLOS MÉIXOME QUINTEIRO, historiador.
- CARLOS NUEVO CAL, cronista oficial de Viveiro e historiador.
- DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ, economista e historiador.
- ELISEO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, historiador.
- HENRIQUE SANFIZ RAPOSO, xornalista.
- LUPE MARTÍNEZ, historiadora.
- MANUEL PÉREZ LORENZO, historiador.
- MONTSE FAJARDO PÉREZ, escritora.
- ODETTE MARTINEZ-MALER, historiadora.
- XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO, historiador.
- XOSÉ CARBÓN ANCA, veciño de Cabanas e apoio da guerrilla.
- XOSÉ RAMÓN ERMIDA MEILÁN, investigador.
Apoios:
- RAMÓN COIRA LUACES, Ourense (Galiza)
- ISIDRO RAJO PARGA, O Saviñao
- JACOBO GUIMERÁNS OTERO, Salceda de Caselas
- XOSÉ FERNANDO VARELA PARADA, Vilamarín
- PAULO LÓPEZ PÉREZ, Barcelona
- MANUEL LUACES FERNÁNDEZ , Monforte de Lemos
- ALEXANDRE LÓPEZ ROMERO, Corcubión
- LUCÍA VECIÑO SOUTO, Santiago de Compostela
- XOSE LOIS GONZÁLEZ VAZQUEZ, ourense
- RAFAEL MOUZO LAGO9, Corcubión
- PAULA IGLESIAS IGLESIAS, Ortigueira
- XOSE LOIS LADO MARTINEZ, Corcubión
- ANTÓNIO(TONINHO) MÍGUEZ RODRÍGUEZ , Celanova Ourense
- BEATRIZ REI GARCÍA , Padrón
- FEFA VILA NÚÑEZ, Laza (Ourense) e Madrid
- ALBERTO ROMERO VARELA, Cubillos del sil
- IAGO ABALLE IGLESIAS , Nigrán
- XOSÉ CASTRO RATÓN, VILAGARCIA DE AROUSA
- XOSE FERNÁNDEZ BALTAR, Ourense
- LORENZO R.DACOSTA, Ponteareas
- SUSO PRECEDO BARBEITO , Santiago de Compostela
- CELTIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Santiago de Compostela
- MANUEL SANTOS LÓPEZ , A Coruña
- ADRIÁN R. BRAVO, Vigo
- FIDEL DAVILA SOUTO, Vigo
- MIGUEL ANXO CONDE CASTROMAN , Catoira
- XOSE ANTONIO VÁZQUEZ COBAS, Ribeira
- IAGO LORENZO SANTAMARÍA, Meaño
- TINO IGLESIAS GARCÍA , MARÍN
- MERCEDES TOBIO, Ferrol
- FERNANDO MANUEL RIAL NOIA, Mazaricos
- XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO, Ferrol
- XOSÉ ANTÓN PEDREIRA MIRÀS , Compostela
- CELSO XAVIER MILLEIRO SÁNCHEZ , Marín
- XOSÉ LOIS ROMERO FALQUE, VIGO
- RAÚL SABÍN FERNÁNDEZ , Vilaboa
- ANXO OUJO, Corrubedo
- DIEGO DOURADO ROMEU, OURENSE
- XAIME LIS CORRAL, Vigo
- XOSÉ LOIS VARELA PIÑEIRO, Lugo
- MANU GARCIA, Muros
- MANUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ , A Coruña
- MANUEL RODIÑO FERNANDEZ, Teo
- ALBA ORTEGA DAVID, Rivela
- MIGUEL RIOS TORRE, Santiago de Compostela
- DARIO IGLESIAS FEAL, Sada
- XOSÉ LUIS FERNÁNDEZ RIVERA, Lourenzá
- EDUARDO GONZALEZ SUAREZ, Euskal Herria
- BIEITO LOBEIRA DOMÍNGUEZ, Compostela
- JUAN GALÁN, Ares
- MANUEL ÁNGEL DOMÍNGUEZ PÉREZ, A ESTRADA
- LOLA LOPEZ CAION, Friol
- FRANCISCO A. FREIRE MANDAIO, A Coruña
- CELSO POSADA FERNÁNDEZ, FERROL
- RUBÉN CELA DÍAZ, Ames
- BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ, O Seixo (Mugardos)
- RAFAEL IGLESIAS BLANCO , Lalín
- HIXINIO ARAÚJO FEIJÓO, Celanova
- ROSARIO REGUEIRA CEREIJO, Lugo
- MIGUEL ROIG VARELA, Lugo
- GONZALO GARCÍA PEREIRA, Vilalba
- ANTON VILLAR, guitiriz
- MANUEL AGRA SÁNCHEZ , O Barco de Valdeorras
- ANTÓN MASCATO, O Grove
- ALBERTE BRANCO RODRÍGUEZ, Vigo
- OSCAR ANTÓN PÉREZ GARCÍA, Teo
- OLAIA LEDO DÍAZ, Narón
- XOÁN XOSÉ LORENZO LOURIDO , Ferrol
- MANUEL RODRÍGUEZ DOVAL, Ares
- TOMÁS MALVÁREZ, Pontevedra
- PEDRO DOMINGUEZ VILAR, ARES
- ANA RIVEIRA ROCA , Ares
- MARTA GÓMEZ MARTÍN, Pontevedra
- CARMELA FRANCO CAAVEIRO, As Pontes
- PILAR LOZANO YÁÑEZ, Ferrol
- MARCOS SÁNCHEZ BRANCO , Narón
- INÁCIO PAVÓN BARBAGELATA, Ames
- M.ANDRES GARCÍACARTELLE GARCÍA CARTELLE, Ares
- RUBÉN REY PARÍS, Ares
- ANA RIVEIRA ROCA , Ares
- GERMÁN TORRES CANAY, VILAGARCÍA DE AROUSA
- MIGUEL ANJO GONZALEZ GARCIA, Ferrol
- MARÍA BEATRIZ GÓMEZ AMIGO, A Coruña
- CARLOS CIMADEVILA ÁLVAREZ, Santiago de Compostela
- BREIXO LOUSADA VALDÉS, Sada
- TERO RODRÍGUEZ CASTIÑEIRAS, Rianxo
- XOSÉ FIGUEROA LOURENZANA, Chantada
- FRANÇOIS GARCÍA, Moimenta da Beira, Portugal
- FERNANDO FRANCÉS VALIÑO, Fene
- VALENTÍN GARCÍA MODRÓN, Fene
- XOSÉ CASTRO RATÓN, Vilagarcía de Arousa
- NATALIA SAN VICENTE PELLICER, A Coruña
- MARÍA TERESA LÓPEZ CASAS, A Coruña
- MIGUEL ANIBAL ESTÉVEZ COUSO, Bos Aires (Arxentina)
- Alberte Sánchez Regueiro, Cerceda
- Uxío Romero Rodeiro, Cabanas