Temos o imperativo ético e democrático tomar nota do que pasou nas residencias durante a pandemia e poñer en marcha un modelo alternativo ao sistema actual absolutamente privatizado en mans de multinacionais, que mesmo operan desde paraísos fiscais, ou de entidades relixiosas. No BNG defendemos un modelo de residencias públicas capaz de garantir o dereito a unha vellez digna a todas as persoas maiores, calquera que sexan as súas circunstancias económicas e sociais, e desde o criterio de que non son meros usuarios e usuarias senón suxeitos de dereitos.
Por este motivo no BNG elaboramos unha Lei Galega de Residencias que poñemos ao teu dispor na seguinte ligazón. Queremos enriquecela e mellorala coas túas achegas, que nos podes enviar utilizando o seguinte formulario.