O BNG leva ante a Comisión Europea a situación que sofren os gandeiros e ganderias de Galiza polas condicións abusivas que impoñen a industria e as grandes cadeas de distribución que se traducen en prezos de leite en orixe por debaixo dos costes de produción e moi por debaixo tanto da media do Estado como da UE.
En sendas interpelacións presentadas a través da coalición Os Pobos Deciden, a portavoz en Bruxelas e secretaria de Política Internacional, Ana Miranda, demanda do Executivo comunitario que se pronuncia sobre esta situación que está a provocar unha gran inestabilidade económica nos produtores galegos de leite e, ao mesmo tempo, pregunta á Comisión se ten recibido algunha proposta por parte da Xunta para preparar ao sector lácteo ante a liberalización total do mercado, unha vez que o actual sistema de cuotas leiteiras ten a data de caducidade no 31 de marzo de 2015.
Miranda, que hoxe participou nunha xornada de debate na Eurocámara sobre o denominado Paquete lácteo e as perspectivas para o sector, salientou que ante a falta de medidas da Xunta o BNG propón a creación dun Fondo de Compensación Lácteo con recursos procedentes do financiamento previsto na Política Agraria Común para os estados membros.
Neste sentido, lembra que Galiza ten 350.000 vacas leiteiras, o 48% do total español, e 9.000 explotacións moitas das cales fixeron importantes investimentos para adquisición de cuota de produción que, co fin do actual sistema, quedará en papel mollado.
O BNG tamén denuncia o reiterado incumprimento dos contratos homologados pola posición da industria que, na práctica, impón condicións que non garantizan ni a estabilidade dos prezos, nin a recollida do leite, con contratos moi inferiores a un ano de duración e, en moitos casos.