O candidato do BNG á presidencia da Xunta e portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá que o Goberno Central, o da Xunta de Galiza e tamén a propia ALCOA se comprometan coa continuidade da planta que a multinacional do aluminio ten na Mariña.
Jorquera reuniuse esta mañá en Foz cos alcaldes do BNG da comarca, portavoces municipais e con membros dos comités de empresa de ALCOA e das industrias auxiliares para analizar as medidas a tomar ante o risco de deslocalización da planta de San Cibrao.
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta recoñeceu que o BNG está moi preocupado polo futuro da planta de Alcoa na Mariña porque o 31 de decembro vence o contrato de subministro de enerxía a esta planta e existe o risco de que a nova política tarifaria do goberno Central signifique un incremento dos custos do subministro da enerxía eléctrica a esta empresa, uns custos que representan xa neste momento máis do 40% dos seus custos de produción.
Galiza é excedentaria en produción eléctrica e isto ten que recoñecerse na tarifa eléctrica
sto pon en perigo a continuidade da factoría e que opte por deslocalizarse. Neste sentido, Jorquera explicou que o BNG a través de distintas iniciativas no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego está instando ao Goberno Central a que dea unha solución definitiva a este problema.
Unha solución que para o BNG pasa por unha tarifa reducida e un contrato de longa duración para os grandes consumidores eléctricos como Alcoa.
Neste sentido, Francisco Jorquera defendeu que é necesario ter en conta que Galiza é un país excedentario en produción eléctrica e polo tanto precisamos un réxime tarifario que teña en conta este feito de xeito que favoreza a permanencia e instalación de industrias no noso país, como é o caso de Alcoa.
A empresa debe garantir postos de traballo e actividade
Ademais, o candidato nacionalista á presidencia da Xunta afirmou que para o BNG tamén ten que haber un compromiso claro por parte de ALCOA de que manteña os postos de traballo e non deslocalize actividade.
O goberno de Feijoo debe comprometerse coa continuidade de Alcoa na Mariña
Por último, Francisco Jorquera tamén lle demandou ao goberno da Xunta que deixe de inhibirse e asuma como prioridade a continuidade da planta de Alcoa na Mariña, do mesmo xeito que o goberno de Asturias o está a facer coa planta que a multinacional do aluminio ten no Principado.
http://youtu.be/My9vmQU0aMo