A Xunta Eleitoral dá a razón ao BNG e ordena ao Goberno galego a retirada dunha campaña publicitaria

A Xunta Eleitoral de Galiza resolveu estimar o recurso presentado polo Bloque Nacionalista Galego contra a Xunta de Galiza por conculcación da Lei Orgánica do Réxime Eleitoral Xeral no que ten a ver coa imposibilidade de realizar campañas publicitarias durante o período eleitoral.

A Xunta Eleitoral de Galiza comunicou hoxe ao BNG que admite o recurso que a formación nacionalista presentou contra a inserción de diversos anuncios en medios de comunicación dentro da campaña que leva por título xenérico "Paisaxe Galega, unha tarefa de Todos".

Acordo por unanimidade 

Tal e como lle solicitaba o BNG, a XEG acorda por unamidade requerir á Xunta de Galiza que cese na difusión da campaña e a tal efeito lémbralle ao Goberno galego a vixencia do artigo 50 da LOREX, en virtude do cal as campañas institucionais de carácter informativo só son posíbeis cando teñen como obxecto salvagardar o interese público ou garantir o correcto desenvolvimento dos servizos públicos.

Como é obvio este suposto non é o que concorre na campaña devandita, o que motivou a presentación do recurso do BNG que agora a XEG vén estimar de forma positiva.

Resulta moi curioso que o propio Goberno galego, logo de ter amagado en primeira instancia coa presentación de alegacións ao recurso do BNG, finalmente optase por retiralas, dando implicitamente a razón ao Bloque Nacionalista Galego.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG