Acto simbólico en Ribeira de denuncia da sangría da emigración xuvenil derivada das políticas de recortes do PP
BNG-Asemblas Abertas é a alternativa para a xente moza o 24M, asegura Luís Pérez, candidato en Ribeira
O portavoz nacional, Xavier Vence, convidou a seguir o consello de Mariano Rajoy onte en Pontevedra. Por unha vez estamos de acordo con señor Rajoy cando convida a non votar proxectos de partidos fracasados, porque en Galiza iso é o que representa o PP, un proxecto político fracasado que esnaquiza os nosos sectores produtivos, que provoca emigración xuvenil a base de recortes, recortes, recortes. A alternativa a ese fracaso é BNG-Asembleas Abertas, con políticas desde os concellos nos que goberna de apoio ao tecido empresarial e a comercio local que se traduce en oportunidades de emprego para a xente moza.
Vence fixo estas declaracións en Ribeira, nun acto simbólico con mozos e mozas de denuncia da sangría da emigración de xente nova, máis de 100.000 mozos e mozas desde que Feijóo chegou á Xunta.